miniatura|330x330px|Xornal venezolano El Nacional, 12/03/2006. O escudo de armas de Venezuela é un dos símbolos nacionais do país, xunto coa bandeira e o himno, e foi aprobado por primeira vez polo Congreso o 18 de abril de 1836, con pequenas modificacións a través da historia ata a versión actual. O escudo de armas foi estabelecido polo presidente Marcos Pérez Jiménez de acordo coa lei do 17 de febreiro de 1954, que estabelecía tamén a bandeira e o escudo. O 12 de marzo de 2006 o goberno do presidente Hugo Chávez, por medio da Asemblea Nacional Venezolana, reformou parcialmente a Lei da Bandeira, o Escudo e o Himno Nacinoais, publicada no número 38.394 da Gaceta Oficial.
O heraldista Fabio Cassani Pironti, encargado pola Asemblea Nacional, asumiu a reforma do escudo de armas nacional.El Nacional, 12/03/2006.
Leva as cores da bandeira nacional nos tres cuarteis nos que se divide: o primeiro, de goles, contén un feixe de trigo de ouro como símbolo da unión e da riquesa da Nación; ten tantas espigas como estados hai na República. No segundo cuartel, de ouro, como emblema do triunfo nas guerras, hai un conxunto de armas (unha espada, un sabre e tres lanzas; ultimamente engadiuse un machete, un arco e unha frecha) e dúas bandeiras nacionais entrelazadas por unha coroa de loureiro. No terceiro cuartel, de azur, hai un cabalo indómito en prata, emblema da independencia e da liberdade; no escudo actual o cabalo galopa cara á esquerda e mira cara a adiante, a diferenza do escudo precedente, no que galopaba cara á dereita e tiña a testa mirando cara a atrás.
Enriba do escudo hai dúas cornucopias ou cornos da abundancia atravesadas, que evocan a súa riqueza. Franqueando o escudo, unha póla de loureiro e unha palma, ligadas cunha cinta que representa a bandeira tricolor venezolana, enriba da franxa azul central aparecen as seguintes inscricións en letras maiúscules douradas: 19 de abril de 1810 / Independencia 20 de febrero de 1859 / Federación República Bolivariana de Venezuela (antes, República de Venezuela)
Escudos históricos 120px110px120px120px110px120pxCapitanía Xeneral de VenezuelaPrimeira República de VenezuelaSegunda República de VenezuelaTerceira República de VenezuelaGran ColombiaGran Colombia1777 - 18111811 - 18121812 - 18141814 - 18191819 - 18211821 - 1830
110px120px120px120pxEstado de VenezuelaEstados Unidos de VenezuelaRepública de VenezuelaRepública Bolivariana de Venezuela1830 - 18641864 - 19541954 - 20062006 - presente
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bandeira de Venezuela Ligazóns externas Ley de Bandera, Escudo e Himno Nacionales - Lei da Bandeira, o Escudo e o Himno Nacionais. La octava estrella de Bolívar - As oito estrelas de Bolívar.
Categoría:Símbolos de Venezuela Venezuela