Rafael Cuadrado Sierra foi un industrial, xornalista e político galego.
Traxectoria Industrial de Ferreira do Valadouro, foi correspondente de El Pueblo Gallego no Valadouro dende 1924.El Pueblo Gallego, 2-8-1924, p, 1. Na República foi presidente do Comité Republicano do Valadouro e Alfoz do Castrodouro constituído no Valadouro en maio de 1931.El Pueblo Gallego, 26-5-1931, p. 12. En 1933 foi nomeado pola Deputación de Lugo recacador de cédulas do Valadouro.Vida Gallega, 10-1-1933, p. 10. Foi elixido alcalde do Valadouro como presidente da Comisión Xestora o 21 de marzo de 1936.El Pueblo Gallego, 31-3-1936, p. 15. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído e abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.BOE, 19-1-1942, p. 393.
Vida persoal
Casou na Laxe con Tarsilia Freire Iglesias en maio de 1930.El Pueblo Gallego, 11-5-1930, p, 10. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Alcaldes do Valadouro Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República