Onicolise ou onicólise (do grego ónuks, unlla e lúsis, destrución) é o termo médico empregado en dermatoloxía para se referir á separación da unlla do leito ungueal sobre o que repousa, e que causa á rotura e mesmo á posterior caída desta.
A causa máis frecuente de onicolise é a psoríase. Esta condición tamén pode acontecer na tirotoxicose (hipertiroidismo) por mor da hiperactividade e sobreestimulación do sistema nervioso simpático. A onicoliste pode ser debida tamén a infeccións, traumatismos da propia unlla e mesmo fármacos como a talidomida.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Unlla Psoríase
Categoría:Doenzas das unllas