O camarón ártico Lahuerta, F. e Vázquez F. X. (2000), p. 225. ( Pandalus borealis, Krøyer 1838 ) é unha especie de crustáceo decápodo carideo da familia dos pandálidos.

É un camarón que habita nas zonas frías do norte dos océanos Atlántico e Pacífico.

Taxonomía A especie foi descrita en 1838 polo zoólogo danés Henrik Nikolai Krøyer (1799–1870),No artigo: Krøyer, H. (1838): "Conspectus Crustaceorum Groenlandiæ". Naturhistorisk Tidsskrift 2: 249-261. que o bautizou co nome de Pandalus borealis borealis.Pandalus borealis Krøyer, 1838 no WoRMS.

Ao longo da historia, esta especie foi coñecida polos sinónimos seguintes:

Dymas typus Krøyer, 1861 Pandalus borealis borealis Krøyer, 1838 (elevada ao status de especie) Pandalus borealis var. edenticulatus Retowsky, 1946 Pandalus edinticulatus Pandalus edinticulatus var. borealis Retovsky, 1946

Nomes vulgares A especie Pandalus borealis é coñecida noutros idiomas como: Castelán: camarón norteño Francés: crevette nordique Inglés: Northern prawn Portugués: camarão-árctico

Distribución

O camarón ártico vive a profundidades de 20 a 1.330 m, normalmente sobre leitos lodosos,Pandalus borealis (Krøyer, 1838) FAO. Species Fact Sheet. Consultado o 19 de agosto de 2014. en augas con temperatura de 2 a 14 °C.

A subespecie P. b. borealis distribúese polas a costas de Nova Inglaterra e polas atlánticas do Canadá, polas do sur e o leste de Groenlandia, e polas de Islandia, Svalbard, Noruega e as de todo o mar do Norte.

No Pacífico, a subespecie P. b. eous áchase nas costas do Xapón, do mar de Okhotsk, no estreito de Bering e polas do sur de Norteamérica até o estado de Washington.

Bioloxía Este camarón pode chegar a vivir até os 8 anos. O seu un tamaño pode alcanzar os 120 mm nos machos, e até os 165 mm nas femias.

É unha especie hermafrodita. Inician a súa vida como machos, pero despois dos dous anos os testículos convértense en ovarios, e completan o seu ciclo vital como femias.

Utilización polo ser humano miniatura|250px|Camaróns árticos nun mercado. O camarón ártico é unha fonte importante de alimento para moitas especiers mariñas, e tamén para o home.

Desde principios do século XX captúrase en Noruega e, máis tarde, comezou a pescarse noutros países.

Unha enzima usada en bioloxía molecular, a fosfatase alcalina de camarón (SAP), obtense de Pandalus borealis.

A casca da especie é fonte de quitosano, un composto químico moi versátil usado en diferentes aplicacións como, por exemplo, para o tratamento para deter a hemorraxia en feridas, filtrar o viño ou mellorar o solo en agricultura ecolóxica.

Regulación da pesca miniatura|250px|Evolución das capturas do camarón ártico. O camarón ártico ten un ciclo de vida curto, o que contribúe a que as súas poboacións varíen moito dun ano para outro.

Porén, a especie non se considera sobreexplotada debido á alta cantidade colleitada cada ano.

Na actualidade, é a máis importante especie comercial de camarón, seguida de Crangon crangon, camarón da familia dos crangónidos.Crangon crangon (Linnaeus, 1758) FAO, Species Fact Sheet. Consultado o 19 de agosto de 2014.

As capturas no Canadá, iniciáronse na década de 1980 e estendéronse na década de 1990. Neste país, as capturas anuais limítanse a un total de 164.000 toneladas (dato de 2008).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0. Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4. Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary ". Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.

Outros artigos Carideos Marisco

Ligazóns externas Crevette nordique (Pandalus borealis) en Région de Terre_Neuce et du Labrador . Consultada o 19 de agosto de 2014.

Categoría:Carideos Categoría:Marisco