Järvenpää (en sueco Träskända) é unha cidade de Finlandia, situada na rexión de Uusimaa, ao sur do país. En 2014 tiña 40.106 habitantes.

Xeografía Järvenpää está situada na rexión de Uusimaa, ao sur de Finlandia, no extremo norte do lago Tuusulanjärvi. Encóntrase 37 km ao norte do centro de Helsinqui, limitando coas cidades de Tuusula, Sipoo e Mäntsälä, se ben hai xente que se refire a Kerava como unha cidade veciña, mesmo a pesar de que ambas cidades non limitan entre si. A cidade forma parte do Gran Helsinqui.

Demografía A cidade é en gran parte industrial e densamente poboada. Aínda así existen varios parques e áreas protexidas.

Dende 1980 o concello está a experimentar un constante crecemento demográfico:

Ano19801985 1990 1995 2000 2005 2010 Poboación 23281 27220 31525 34436 35915 37505 38680

Barrios A cidade está dividida en 25 barrios:

miniatura|225px Wärtsilä Nummenkylä Pietilä Haarajoki Jamppa Peltola Isokytö Mylly Saunakallio Sorto Pajala Loutti13. Pöytäalho 14. Terhola 15. Satumetsä 16. Mikonkorpi 17. Kaakkola 18. Keskusta 19. Kinnari 20. Satukallio 21. Vanhakylä 22. Lepola 23. Kyrölä 24. Terioja 25. Ristinummi

Historia Järvenpää foi separada da cidade de Tuusula en 1951, constituíndose como un novo concello e conseguindo o status de cidade de mercado (kauppala) despois da separación. Os distritos veciños de Kellokoski e Nummenkylä non foron engadidos ao novo concello, e a controversia sobre o tema continúa 50 anos despois. Actualmente Kellokoski continúa a formar parte de Tuusula. En 1967 foille concedido o status de cidade.

Linguas A maior parte da poboación de Järvenpää é de fala finesa, mentres que a minoría sueca constitúe menos dun 1 % da poboación do concello, en 2012 a distribución das linguas no concello era a seguinte:

Finés: 95,2 % Sueco: 0,9 % Outras: 3,9 %

Transportes miniatura|250px|Estación de ferrocarril de Järvenpää. Järvenpää está situada a 37 km de Helsinqui, na liña que une a capital con Riihimäki, e o ferrocarril pasa polo centro da cidade. Amais da estación de Järvenpää, existen outras estacións de ferrocarril en Kyrölä, Saunakallio, Haarajoki e Purola.

A cidade está a unha distancia de en torno a media hora da capital tomando a valtatie 4 que une Helsinqui e Lahti. Está comunicada por ferrocarril e por estrada á capital e tamén está próxima ao aeroporto de Helsinqui-Vantaa, en torno a 20 minutos. As conexións ferroviarias coa capital son boas e os trens de Uusimaa saen da estación dúas veces cada hora, e doutras estacións cada hora.

Cultura miniatura|250px|Ainola, a casa do compositor Jean Sibelius. Järvenpää é frecuentemente coñecida por ser o concello no que se encontra Ainola, a casa do compositor Jean Sibelius. Ainola está situada a uns dous quilómetros do centro da cidade. O compositor mudouse coa súa familia á casa deseñada polo arquitecto Lars Sonck o 24 de setembro de 1904, e Sibelius viviu alí ata a súa morte en 1957. Ainola está aberta para os visitantes nos meses de verán como "museo de Sibelius". A principios do século XX, outros moitos artistas se instalaron na cidade para fuxir das tentacións de Helsinqui.

O escritor e xornalista Juhani Aho mudouse coa súa muller Venny Soldan-Brofeldt o Järvenpää en 1897. Ambos viviron durante 14 anos nunha vila chamada Vårbacka, ao carón da costa do lago Tuusulanjärvi. A vila foi posteriormente chamada Ahola.

Eventos Os eventos culturais da cidade teñen lugar no Järvenpää-talo ao longo do ano: concertos, teatro e exposicións de arte. O lugar favorito para os nenos é a casa de Pikku-Aino, onde os nenos poden xogar, facer shows, e outras actividades.

Cada ano celébrase na cidade o Puistoblues, un evento musical traducido como "Parque do Blues". A semana do blues comeza coa "Rúa do Blues" do centro da cidade, e os bares e restaurantes acollen concertos e jam-sessions. O principal concerto ten lugar ao final da semana, e ten lugar en Vanhankylänniemi o sábado.

Cidades irmás Vác, Hungría Rødovre, Dinamarca Lørenskog, Noruega Täby, Suecia Jõgeva, Estonia Volkhov, Rusia Buchholz in der Nordheide, Alemaña Pasadena (California, Estados Unidos) Ho, Ghana

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Ainola

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Cidades de Uusimaa