Perfecto de Dios Fernández, nado en Sandiás en 1931 e finado en Chaherrero (Crespos, provincia de Ávila) o 16 de maio de 1950, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria A súa nai Carmen Fernández Seguín actuaba de enlace para a oposición antifranquista logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o seu pai estivo fuxido no monte, e o seu irmán Camilo, que comezou a actuar de enlace aos 13 anos e incorporouse á loita armada en 1948, foi detido en 1949. Perfecto formou parte do grupo ao mando de Juan Sorga. Dende outubro de 1948 o grupo de Sorga tentou chegar a Francia. Na viaxe foron sorprendidos en 1950 pola Garda Civil en Chaherrero (Crespos, provincia de Ávila) o 16 de maio, resultando morto Perfecto e detida a súa nai Carmen. Perfecto foi enterrado nunha foxa fóra do cemiterio. Carmen Fernández Seguín foi xulgada en Ourense e condenada a trinta anos.

Os seus restos foron exhumados o 19 de xullo de 2014, para ser levados a Ourense.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas A morte do guerrilleiro Perfecto Dios en Chaherrero (Ávila) e nova fuga de Xoán Sorga Los restos de un guerrillero antifranquista regresarán a Ourense 64 años después

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Sandiás Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 1950 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes