A Pedra Alta de Castrelo do Val é unha estela dun guerreiro xunto co seu armamento. Datada cara a 1200 ou 1000 anos antes da era actual, é a representación máis antiga coñecida en Galiza dun carro de guerra.
Historia A pedra foi atopada en 2010 ao traballar un terreo na zona da Pedra Alta en Castrelo do Val. O achádelo foi dado a coñecer por Antonio de la Peña. A pedra estaba a 50 cm de profundidade. Chamou a atención ao ser un gran bloque de granito con inscricións. Pesa uns 800 kg e mide 1,75 metros de alto e uns 63 a 70 cm de ancho cuns 30 cm de grosor.
Véxase tamén Ligazóns externas A Pedra Alta de Castrelo do Val Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Categoría:Megálitos de Galicia Categoría:Castrelo do Val