María Cristina Pavón Mauriz, nada na Coruña en 1962, é unha escritora galega.
Traxectoria É profesora. Ten publicado artigos e relatos en Letra en Obras, Xuntanza de Escritoras de Baía Edicións e Tempos Dixital.
Obra en galego Narrativa Limiar de conciencia (formato dixital, 2012).Limiar de conciencia. Reeditado en 2017 por Urco Editora.Cris Pavón presenta Limiar de conciencia - xaneiro 2018 Sangue 12 (Urco Editora, 2014). Á busca da orixe perdida das especies (Edicións Laiovento, 2015).Cris Pavón fala de 'Á busca da orixe perdida das especies' - marzo 2015 Eva e Lucy (Editorial Galaxia, 2023)
Obras colectivas Obras breves de imaxinación (Baía Edicións, 2011). De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño (A Sega, 2015). Longas sombras na pedra (Urco Editora, 2019).
Premios Premio Relato curto do Liceo de Noia en 2008, por A braga fantástica. Finalista do Premio Xerais en 2009 e do Premio García Barros en 2010, por Limiar de conciencia. Primeiro Premio do III Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2009, por Terapia mnémica. Segundo Premio do IV Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2011, por Ruído branco. Premio Modesto R. Figueiredo en 2013, por Cara a Tiananmen Square.Nova sobre o Premio Modesto R. Figueiredo 2013 Relato. Premio Carvalho Calero de Creación Literaria en 2014 por Á busca da orixe perdida das especies. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "Retomei o vampirismo para revivir o seu espírito transgresor nunha clave contemporánea Protexta - Suplemento literario de Tempos Novos - xuño 2015. Web da autora.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1962 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes