miniatura|Bob Cousy. Base (inglés: point guard ou playmaker), tamén chamado 1 na terminoloxía usada polos adestradores, é unha das 5 posicións dun equipo nunha pista de baloncesto. É o xogador que dirixo ao equipo na pista, ordena as xogadas e normalmente é a extensión do adestrador no terreo de xogo. Xeralmente é o xogador máis habilidoso do equipo, habitualmente o máis baixo de todos, aínda que hai excepcións. Na NBA, os casos extremos en canto á estatura atopámolos por un lado en Muggsy Bogues, que apenas medía 1,60 metros, e por outro lado a Magic Johnson, con 2,06 metros. Caracterízanse por ter unha boa visión de xogo, seren rápidos e manexar moi ben o balón.

Xogadores históricos

Bases elixidos na lista dos 50 mellores xogadores da historia da NBA:

Nate Archibald (Boston Celtics) Dave Bing (Detroit Pistons) Bob Cousy (Boston Celtics) Walt Frazier (New York Knicks) Hal Greer (Philadelphia 76ers) Magic Johnson (Los Angeles Lakers) Oscar Robertson (Cincinnati Royals) Bill Sharman (Boston Celtics) John Stockton (Utah Jazz) Isiah Thomas (Detroit Pistons)

*Entre parénteses, o equipo no que cada xogador desenvolveu a maior parte da súa carreira.

Categoría:Posicións de baloncesto