Wesley Wales "Wes" Anderson, nado en Houston, Texas (Texas) o 1 de maio de 1969 é un director de cinema estadounidense.

Traxectoria Graduouse en 1987 na St. John's School, logo empregada como localización en Rushmore. Asistiu despois á Universidade de Texas en Austrin, onde coñeceu o seu colaborador Owen Wilson.

O seu primeiro filme foi Bottle Rocket (1996), baseado nunha curtametraxe que fixera con Luke e Owen Wilson. A este seguiulle Rushmore (1998), comedia con Bill Murray e Jason Schwartzman, que foi un éxito de crítica. Murray participou en todos os filmes de Anderson desde entón.

Con The Royal Tenenbaums (2001), conseguiu a súa primeira candidatura ao oscar ó mellor guión orixinal e en 2009 dirixiu o filme de animación Fantastic Mr. Fox baseado nun libro de Roald Dahl.

Anderson tamén dirixiu curtametraxes e anuncios publicitarios.

Filmografía Ano Título Director Produtor Guionista Actor Personaxe 1996 Bottle Rocket X (con Owen Wilson) 1998 Rushmore X X (con Owen Wilson) 2001 The Royal Tenenbaums X X (con Owen Wilson) X Comentarista nº 1 2004 The Life Aquatic with Steve Zissou X X (con Noah Baumbach) 2005 The Squid and the Whale X 2007 The Darjeeling Limited X X (con Jason Schwartzman e Roman Coppola) 2009 Fantastic Mr. Fox X X (con Noah Baumbach) X Donicela 2012 Moonrise Kingdom X X X 2014 The Grand Budapest Hotel X X (con Hugo Guinnes) She's Funny That Way X

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tête-à-Tête con Nic Harcourt en Los Angeles Times Magazine Perfil en The Guardian Perfil de Martin Scorsese Entrevista con Wes Anderson Entrevista a Wes Anderson en The Hour "Notes on Quirky" Movie: A Journal of Film Criticism, No.1, 2010

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Houston, Texas Categoría:Nados en 1969 Categoría:Alumnos da Universidade de Texas en Austin