Miosotis ou Myosotis, coñecida comunmente como nonmesquezas, é un xénero de plantas pertencente á familia Boraginaceae. Compútanse unhas 50 especies con grande variación entre elas, mais a maioría posúe pequenas flores de 1 cm de diámetro con cinco pétalos azuis que crecen nos extremos dos talos en ramalletes. Son moi populares nos xardíns como planta ornamental.
Descrición Poden ser plantas anuais ou perennes con pequenas sementes. A maioría das especies son endémicas de Nova Zelandia, aínda que hai dúas especies europeas, en especial M. sylvatica que se estendeu por todas as rexións temperadas de Europa, Asia e América. Tamén se poden encontrar nas zonas de alta montaña de Tenerife (Illas Canarias), concretamente na laurisilva do Teide. en PlantList Taxonomía O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 131. 1753. A especie tipo é: Myosotis scorpioides L. Especies seleccionadas Myosotis alpestris Myosotis alpina Myosotis arvensis Myosotis australis Myosotis azorica Myosotis caespitosa Myosotis colensoi Myosotis discolor Myosotis ramosissima Myosotis scorpioides Myosotis secunda Myosotis sicula Myosotis stricta Myosotis sylvatica
Notas
Véxase tamén Bibliografía Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidad de Antioquia, Medellín. Luteyn, J. L. 1999. Páramos, a checklist of plant diversity, geographical distribution, and botanical literature. Mem. New York Bot. Gard. 84: viii–xv, 1–278. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
Categoría:Lamiales