miniatura|Selo de Belarús dedicado aos mundiais de 2014 O 78º campionato do mundo de hóckey sobre xeo celebrouse na capital de Belarús, a cidade de Minsk entre o 9 e o 25 de maio de 2014. A selección de Rusia que permaneceu invatida durante todo o campionato fíxose coa medalla de ouro ao derrotar na final a Finlanida por 5-2. Suecia logrou o bronce logo de vencer a Chequia por 3-0.

Selección da sede O 8 de maio de 2009 a candidatura bielorrusa logrou a maioría dos votos para acoller os mundiais de hóckey sobre xeo de 2014, con 75 votos impúxose a Hungría (24 votos), Letonia (3) e Ucraína (3). Os recintos principais para disputaren os partidos son o Minsk Arena (capacidade para 15.000 espectadores) e o Chizhovka Arena (capacidade para 8.000), os dous de nova creación, o primeiro inaugurado en 2010 e o segundo completado en 2012. miniatura|Autobús en Minsk en 2012 anunciando os mundiais de 2014

A selección de Belarús como organizadora causou controversia, realizándose unha campaña internacional para impedilo, mesmo o 11 de abril o senador estadounidense Dick Durbin e o congresista Michael Quigley pedíronlle á Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo a levar os campionatos a outro lugar alegando o carácter autoritario do goberno de Aliaksandr Lukašenka e a violación dos dereitos humanos nese país que viría referendado polas sancións impostas ao presidente e 157 dos seus asociados pola Unión Europea e os Estados Unidos. A petición contou co apoio do antigo xogador eslovaco e europarlamentario Peter Stastny. Non obstante, a FIHX aduciu que os seus estatutos non permiten a discriminación por contextos políticas e voceiros das federacións lituana e letoa argüíron que non desexaban mesturar a política co deporte.

Participantes Participanron equipos de Europa, América do norte e Asia. Cada selección nacional debeu acudir como mínimo con 15 xogadores de movemento, entre atacantes e defensores e dous porteiros e como máximo con 22 xogadores de movemento e tres porteiros. 13 de Europa 30pxBelarús 30pxDinamarca border|30pxFinlandia 30pxFrancia 30pxAlemaña 30pxItalia 30pxLetonia 30pxNoruega border|30pxChequia border|30pxRusia border|30pxEslovaquia 30px|Suecia 25pxSuíza 2 de América do norte 30pxCanadá 30pxEstados Unidos 1 de Asia 30pxKazakhstán

Rolda preliminar miniatura|14 de maio de 2014, República Checa 2:0 Italia Os equipos dividíronse en dous grupos para xogaren unha rolda preliminar, ao seu remate os catro primeiros equipos de cada grupo xogaron os cuartos de final, mentres o último clasificado retrocedeu á División IA.

Grupo A

Posición Partidos xogados Gañados Gañados na prórroga Perdidos na prórroga Perdidos Goles a favor Goles en contra Diferenza Puntos 1. 7 5 1 1 0 28 13 +15 18 2. 7 5 1 1 0 21 10 +11 18 3. 7 2 2 2 1 20 18 2 12 4. 7 2 2 1 2 25 20 +5 11 5. 7 3 0 1 3 20 21 -1 10 6. 7 2 0 1 4 16 19 -3 7 7. 7 1 1 0 5 8 14 -6 5 8. 7 1 0 0 6 6 25 -19 3

Grupo B miniatura|esquerda|400px|Os partidos do grupo B xóganse no Minsk Arena Posición Partidos xogados Gañados Gañados na prórroga Perdidos na prórroga Perdidos Goles a favor Goles en contra Diferenza Puntos 1. 7 7 0 0 0 31 7 +24 21 2. 7 4 1 0 2 27 23 +4 14 3. 7 4 0 0 3 18 17 +1 12 4. 7 3 1 0 3 18 15 +3 11 5. 7 2 0 0 2 9 12 -3 10 6. 7 3 0 0 4 20 24 -4 9 7. 7 1 1 0 5 13 23 -10 5 8. 7 0 0 2 5 16 32 -16 2

Fase final

Goleadores miniatura|Volat, mascota oficial de Minsk 2014 Xogador PX G A Pts +/− PIM POS Viktor Tikhonov 10 8 8 16 +10 10 A Danis Zaripov 10 3 10 13 +7 6 A Sergei Plotnikov 10 6 6 12 +7 12 A Jori Lehterä 10 3 9 12 +4 10 A Antoine Roussel 8 6 5 11 +6 16 A Joakim Lindström 10 5 6 11 +4 4 A Michel Miklík 7 4 7 11 +5 0 A Alexander Ovechkin 9 4 7 11 +6 8 A Seth Jones 8 2 9 11 +8 6 D Johnny Gaudreau 8 2 8 10 +4 2 A PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; +/− = Plus/Minus; PIM = Penaltis en minturos; POS = Posición Fonte: IIHF.com

Porteiros principais Os mellores cinco porteiros, baseándose na porcentaxe de tiros parados, e que xogaran cando menos o 40% dos minutos do seu equipo. Xogador TX GE MGE TP P% PRI Sergei Bobrovsky 480:00 9 1.13 181 95.03 2 Steffen Søberg 175:45 6 2.05 116 94.83 2 Kevin Lalande 240:37 5 1.25 80 93.75 0 Anders Nilsson 545:11 14 1.54 224 93.75 2 Ben Scrivens 241:07 7 1.74 112 93.75 0 TX = Tempo xogado (minutos:segundos); TP = Tiros á súa porta; GE = Goles encaixados; MGE = Media de goles encaixados; P% = Porcentaxe de paradas; SO = PRI = Partidos sen recibir goles Fonte: IIHF.com

Notas

2014 Categoría:Hóckey sobre xeo en 2014