Chelsea Light Moving foi unha banda estadounidense de rock alternativo formada en 2012 na cidade de Nova York. O grupo estaba composto por Samara Lubelski, John Moloney, Thurston Moore e Keith Wood. O seu álbum de estrea, Chelsea Light Moving, foi publicado no ano 2013 a través do selo Matador Records. O nome da banda foi referencia ao nome dunha empresa de mudanzas que fundou o compositor Philip Glass nos anos 70. O grupo separouse no ano 2015 e posteriormente Thurston Moore continuou baixo o seu propio nome.
Discografía Chelsea Light Moving - 2013 (Matador Records)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais da cidade de Nova York Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais formados en 2012 Categoría:Grupos musicais separados en 2015