Pedro Guimarey Filgueiras, nado en Ferrol o 5 de xullo de 1905 e finado na mesma cidade o 20 de setembro de 1936, foi un escritor, xornalista e político galego.
Traxectoria Practicante de profesión, colaborou en El Practicante Galaico. Escritor e bibliotecario do Centro Obreiro de Cultura. En 1931 publicou algúns poemas en castelán na revista Vida Gallega, colaborou en El Gráfico, fíxose cargo do periódico Nueva infancia. Ensayo de periódico para niños e dirixiu o semanario Renovación. Foi presidente do Partido Republicano Democrático Federal de Ferrol (1933). En 1934 integrouse en Unión Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado en Ferrol o 20 de setembro de 1936.
Amais da súa vida cultural e política foi futbolista, chegando a militar no Racing Club de Ferrol na temporada 1924/25 aínda que sen disputar partidos de competición oficial co club verde.
Obras miniatura|Pepa Andrea, 1933. Pepa Andrea, Nós, 1933 (reimpresión: Concello de Ferrol, 2018). Escenificada por Xosé María Pérez Parallé. La Luminaria de Dios, 1934. Nidos de esclavos, 1935. Doña Tierra, estreada no Teatro Jofre en xuño de 1936.El Pueblo Gallego, 23-6-1936, p. 9..
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Represión franquista en Galicia Ligazóns externas Deibe Ceniza, Alba (21/11/2015). Pedro Guimarey Filgueiras galiciaterramaxica.blogspot.com Lorenzo Gil, César (22/4/2016). "Noticia de Pedro Guimarey, dramaturgo de éxito asasinado no 1936", Biosbardia.
Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Ferrol Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Xornalistas asasinados