O Castelo de Vaduz (en alemán: Schloß Vaduz) é un castelo situado no alto de Vaduz, capital de Liechtenstein. Na actualidade é o pazo e residencia oficial do príncipe (Fürst de Liechtenstein).
Uso actual O castelo sufriu unha restauración esencial entre 1905 e 1920, que continuou nos primeiros anos da década de 1920 durante o reinado do Príncipe Johann II. A principios do 1930, o castelo foi ampliado polo Príncipe Franz Joseph II. Dende 1938, o castelo foi a residencia oficial da Casa de Liechtenstein. O castelo non está aberto ao público por ser a residencia da casa real.
Galería de imaxes
Categoría:Vaduz Categoría:Castelos de Liechtenstein