Licio Gelli, nado en Pistoia o 21 de abril de 1919 e finado en Arezzo o 15 de decembro de 2015, foi un financeiro italiano, fundamentalmente coñecido como mestre venerable da loxa masónica secreta P2Dino P. Arrigo, Fratelli d’Italia. Cronache, storie, riti e personaggi (per capire la Massoneria), Rubbettino, Messina, 1994, p. 52Licio Gielli en Treccani.it e a súa participación no escándalo do Banco Ambrosiano.
Traxectoria Período fascista e a resistencia
Licio era fillo de Ettore Gelli, un rico terratenente orixinario de Montale, e de Maria Gori. Aos dezaoito anos Gelli partiu como voluntario para combater na Guerra civil española en axuda das tropas nacionais do xeneral Francisco Franco. En 1939 volveu a Italia, colaborou coa federación fascista de Pistoia, escribindo no seu semanario , Ferruccio, as súas experiencias na guerra e traballou para o Gruppo Universitario Fascista, aínda que só tiña estudos primarios. En xaneiro de 1940 publicou o seu primeiro libro, Fuoco! Cronache legionarie della insurrezione antibolscevica di Spagna. En xuño de 1942 como inspector do Partido Nacional Fascista, é o encargado da custodia ata Italia o tesouro do rei Pedro II de Iugoslavia, 60 toneladas de lingotes de ouro, 2 de moedas antigas, 6 millóns de dólares americanos e 2 millóns de libras esterlinas que o Servizio Informazioni Militare requisara, cano se restituíu o tesouro en 1947 faltaban 20 toneladas de lingotes que Gelli transferira á Arxentina
A partir do 8 de setembro de 1943 adheriuse á República de Saló, converténdose en oficial de enlace entre o goberno fascista e a Terceiro Reich. Contra o final da guerra Gelli entrou no movemento partisano, participando en xuño de 1944 na liberación de prisioneiros políticos do cárcere de Ville SbertoliIndro Montanelli e Mario Cervi, L'Italia del Novecento, BUR, 2000, ISBN 88-17-86402-1, pp. 506 e ss... Logo da liberación casou o 16 de decembro de 1944 con Wanda Vannacci, coa que tivo catro fillos.
1945-1980 thumb Gelli estivo brevemente na cadea en 1945 e tras unha estadía na Arxentina volveu a Pistoia onde traballou como representante da Remington e nunha librería dedicándose tamén ao contrabando de tabacoSilj, Alessandro (1994) Malpaese: criminalità, corruzione e politica nell'Italia della prima Repubblica, 1943-1994 Donzelli, p. 186. Entre 1948 e 1958, Gelli foi asistente parlamentario do deputado democristián Romolo Diecidue por Florencia-Pistoia. En 1956 Gelli convértese en director de Permaflex en Frosinone, e é durante a súa dirección que se fixo unha sólida base económica e logrou reforzar os seus contactos con políticos democristiáns .Guarino, Mario e Raugei, Fedora (2006) Gli anni del disonore: dal 1965 il potere occulto di Licio Gelli e della Loggia P2 tra affari, scandali e stragi. Dedalo, pp. 41 e ss.. Membro da masonería desde 1963Dino P. Arrigo, Fratelli d’Italia. Cronache, storie, riti e personaggi (per capire la Massoneria), Rubbettino, Messina, 1994, p. 46 pasou logo á loxa “Hod” do mestre venerable Alberto Ascarelli, e promovido ao grao de “mestre”, alí coñeceu ao Gran Mestre do Grande Oriente de Italia Giordano Gamberini, que o inscribiu na loxa secreta P2Dino P. Arrigo, cit., pp. 46-47. En xuño de 1970, Lino Salvini, o novo Gran Mestre, delegou en Gelli a xestión da loxa P2, dándolle a facultade de iniciar a novos membrosAldo A. Mola, Storia della Massoneria italiana dalle origini ai nostri giorni, Bompiani, 1992, p. 746. Estivo implicadoMelchionda, Achille (2010) Piombo contro la giustizia: Mario Amato e i magistrati assassinati dai terroristi Pendragon, p. 188 no Golpe Borghese, un golpe de estado fracasado previsto para decembro de 1970 e presuntamente tamén tivo relación coa Operación Glaudio, unha suposta estratexia de tensión en Italia baixo a cobertura da CIA e OTAN para contrarrestar a influencia comunista nos países de Europa OccidentalDaniele Ganser, NATO's Secret Armies: Operation GLADIO and Terrorism in Western Europe Frank Cass Publishers, 2004. ISBN 0-7146-8500-3Gianni Flamini, Il partito del golpe: Le strategie della tensione e del terrore dal primo centrosinistra organico al sequestro Moro, Italo Bovolenta Editore (1981-84), IV vol.René Monzat, Enquêtes sur la droite extrême, Le Monde-éditions, 1992Arthur E. Rowse, "Gladio: The Secret U.S. War to Subvert Italian Democracy" in Covert Action #49, Summer of 1994. .
Desde 1981 En 1981 a raíz do escándalo do Banco Ambrosiano a policía realizou un rexistro na súa vila e descubriu as súas conexións coa P2 e atopou unha listaxe de 962 persoas, militares, empresarios e políticos, relacionados coa loxa clandestina. Formouse unha comisión parlamentaria de investigación, dirixida por Tina Anselmi que non atopou evidencia de ilegalidades pero en 1981 o parlamento italiano aprobou unha lei prohibindo as asociacións secretas en Italia e por causa do escándalo caeu o goberno de Arnaldo Forlani en xuño de 1981 "Leader of Italian Scandal Arrested Trying to Get Cash in Swiss Bank," Miami Herald, 15 de setembro de 1982. Gelli durante o escándalo fuxiu a Suíza e foi arrestado o 13 de setembro de 1982 ao intentar retirar millóns de dólares en Xenebra pero logrou escapara da cadea establecéndose en América do Sur durante catro ano. Finalmente, Gelli entregouse en 1987 á xustiza suíza"Ex-head of Secret Masonic Lodge, Licio Gelli, Surrenders to Judge", The Seattle Times, 21 de setembro de 1987 que o buscaba polo colapso do Banco Ambrosiano "Italian Bank Scam Fugitive Surrenders in Switzerland", Philadelphia Daily News, 21 de setembro de 1987 e por conexión co atentado na estación de ferrocarril de Boloña de 1980, no que morreran 85 persoas"Gelli, Fugitive Italian Financier, Gives Himself Up in Switzerland," The Philadelphia Inquirer, 22 de setembro de 1987.Sentenciado a dous meses de cadea en Suíza"Swiss Court Jails Italian Financier", The Washington Post, 23 de decembro de 1987 e un tribunal italiano en Florencia sentenciábao o 15 de setembro de 1987 a oito anos de cadea por financiar actividades terroristas de extrema dereita en Toscana na década de 1970"Terrorism Conviction," Newsday, 16 de decembro de 1987, Gelli xa fora sentenciado in absentia a 14 mesese de condena en San Remo por exportar moeda ilegalmente. Extraditado a Italia en febreiro de 1988, en xullo de 1988 a xustiza italiana absolveuno de asociación subversiva pero condenouno por calumnias, empececendo a investigación do masacre de Boloña. En 1992 un tribunal sentenciouno a 18 anos e medio de cadea como culpable de fraude en relación á bancarrota do Banco Ambrosiano, sentenza que un tribunal de apelación reduciu a 12 anos. En abril de 1994 outro tribunal sentenciouno a 17 anos por divulgar segredos de estado e empecer a investigación pero finalmente reduciuse a súa sentenza e quedou en arresto domiciliario durante dous anos. En maio de 1998 Gille desapareceu mentres estaba en arresto na súa mansión de Arezzo e a policía detívoo novamente en Cannes.
Notas
Categoría:Nados en Pistoia Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Masóns de Italia