George Randolph Scott, nado en Orange County (Virxinia) o 23 de xaneiro de 1898 e finado en Beverly Hills (California) o 2 de marzo de 1987 foi un actor estadounidense.
Traxectoria Creceu en Charlotte, Carolina do Norte, nunha familia acomodada que lle permitiu asistir a escolar privadas. Desde pequeno amosou un grande interese polos deportes. En 1917 alistouse no Exército dos Estados Unidos e serviu en Francia durante a primeira guerra mundial. Tralo armisticio permaneceu en Francia nunha escola de oficiais de artillaría, ata que en 1919 volveu ao seu país e continuou os seus estudos no Georgia Institute of Technology coa intención de converterse en xogador de fútbol americano. Porén, unha lesión malogrou o obxectivo. Marchou logo para a University of Chapel Hill, estudando enxeñería téxtil.
A partir de 1927 viuse interesado pola interpretación e decidiu marchar aos Ánxeles na busca dunha carreira no cinema. Como o pai de Scott tivera negocios con Howard Hughes puido darlle unha carte de presentación. Hughes deulle a Scott un pequeno papel en Sharp Shooters (1928). Durante os seguintes anos continuou traballando como extra e, por consello de Cecil B. DeMille, tamén en obras teatrais para coller experiencia.
O seu primeiro protagonista chegou en 1931 en Women Men Marry. Finalmente asinou un contrato de sete anos coa Paramount Pictures. O ano seguinte protagonizou Heritage of the Desert, que o estableceu como un actor especialista en westerns, participando unha serie de filmes baseados en obras de Zane Grey. En 1935 xa era un actor popular.
Cando os Estados Unidos entraron na segunda guerra mundial intentou entrar como oficial nos Marines, pero foi rexeitado pola súa antiga lesión. Eses anos intervén en varios filmes de guerra.
En 1956 cumpriu 58 anos, idade na que a carreira da maioría dos actores comezaba a declinar. Non obstante, Scott comezou unha etapa moi aclamada, co seu encontro co director Budd Boetticher. O seu último filme foi Duelo na serra alta, de Sam Peckinpah, en 1962. Cando se retirou aos 64 anos tiña unha fortuna estimada de cen millóns de dólares.
Filmografía 1928 - Sharp Shooters 1929 - Weary River 1929 - The Virginian 1931 - Women Men Marry 1931 - A Successful Calamity 1932 - Sky Bride 1932 - Heritage of the Desert 1932 - Hot Saturday 1933 - The Thundering Herd 1933 - Man of the Forest 1933 - Hello, Everybody! 1933 - Murders in the Zoo 1933 - Supernatural 1933 - Cocktail Hour 1935 - Rocky Mountain Mystery 1935 - Roberta 1936 - Follow the Fleet 1936 - Village Tale 1936 - She 1936 - The Last of the Mohicans 1936 - Go West, Young Man 1936 - So Red the Rose 1936 - High, Wide, and Handsome 1936 - Go West, Young Man 1938 - Rebecca of Sunnybrook Farm 1939 - Susanna of the Mounties 1939 - Jesse James 1939 - Frontier Marshal 1940 - When the Daltons Rode 1940 - Virginia City 1941 - Western Union 1941 - Belle Starr 1942 - The Spoilers 1943 - Pittsburgh 1943 - The Desperados 1942 - To the Shores of Tripoli 1942 - Bombardier 1942 - Corvette K-225 1943 - Gung Ho! 1943 - China Sky 1945 - O capitán Kidd 1945 - Abilene Town 1948 - Coroner Creek 1947 - Gunfighters 1949 - The Walking Hills 1950 - Badman's Territory 1950 - Trail Street 1950 - Rage at Dawn 1950 - Fighting Man of the Plains 1950 - Canadian Pacific 1950 - The Cariboo Trail 1951 - Fort Worth 1951 - Man in the Saddle 1951 - Carson City 1952 - Os forasteiros 1952 - Man Behind the Gun 1952 - The Stranger Wore a Gun 1952 - Thunder Over the Plains 1953 - Riding Shotgun 1955 - Rage at Dawn 1956 - Seven Men from Now 1956 - The Tall T 1957 - Decisión en Sundown 1957 - Shootout at Medicine Bend 1958 - Buchanan cabalga de novo 1958 - Westbound 1959 - Cabalgar en solitario 1960 - Comanche Station 1962 - Duelo na serra alta
Véxase tamén
Bibliografía Crow, Jefferson Brim, III. Randolph Scott: The Gentleman From Virginia. Silverton, Idaho: Wind River Publishing, 1987. ISBN 0-940375-00-1. Everson, William K. The Hollywood Western: 90 Years of Cowboys and Indians, Train Robbers, Sheriffs and Gunslingers, and Assorted Heroes and Desperados. Nova York: Citadel Press, 1992, First edition 1969. ISBN 978-0-8065-1256-3. Halliwell's Film Guide 2008 (Halliwell's the Movies That Matter). Nova York: Harper Collins, 2008. ISBN 978-0-00-726080-5. Mueller, John. Astaire Dancing: The Musical Films. Nova York: Alfred A. Knopf, 1985. ISBN 0-394-51654-0. Nott, Robert. The Films of Randolph Scott. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland & Company, 2004. ISBN 0-7864-1797-8 Nott, Robert. Last of the Cowboy Heroes: The Westerns of Randolph Scott, Joel McCrea and Audie Murphy. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland, 2005, First edition 2000. ISBN 978-0-7864-2261-6. Scott, C.H. Whatever Happened to Randolph Scott? Madison, Carolina do Norte: Empire Publishing, 1994. ISBN 0-944019-16-1.
Ligazóns externas
Randolph Scott en Virtual History
Categoría:Actores de Virxinia Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1987