Os arenicólidos (Arenicolidae) son unha familia de vermes anélidos mariños poliquetos. O máis coñecido deles é Arenicola marina, que é a miñoca de mar que se usa como isco para pescar, pero outras especies da familia son similares e pódeselles chamar tamén miñocas (ademais miñoca utilízase para designar as miñocas terrestres como Lumbricus terrestris e outras). As deposicións enroscadas de area que producen poden verse comunmente na praia en marea baixa. Os arenicólidos atópanse por todo o mundo, e a maioría viven en substratos areosos dentro de galerías que escavan. A maioría aliméntanse dos sedimentos, aproveitando os detritos e microorganismos que conteñen, pero algúns comen algas.Fauchald, K. 1977. The polychaete worms, definitions and keys to the orders, families and genera. Natural History Museum of Los Angeles County: Los Angeles, CA (USA) Science Series 28:1-188

Descrición Os arenicólidos caracterízanse polo seu corpo longo cilíndrico dividido en tres rexións. O prostomio non ten apéndices. Hai un ou dous segmentos anteriores sen sedas. As partes dorsais dos parápodos (os notópodos) están truncadas abruptamente e as partes ventrais (neurópodos) son toros alongados que forman marcas transversais nalgúns casos. As notosedas teñen unha función capilar ou actúan como membros, e as neurosedas son ganchos rostrados. Presentan branquias nalgúns dos parápodos nas rexións media ou posterior.The Polychaete Worms

Agás o xénero Branchiomaldane, as miñocas mariñas desta familia non son fáciles de confundir con outros poliquetos. A súa rexa cutícula e a súa rexión branquial típica con penachos de branquias son característicos.

Xéneros Abarenicola Wells, 1959 Arenicola Lamarck, 1801 Arenicolides Mesnil, 1898 Branchiomaldane Langerhans, 1881 Clymenides Eruca ProtocapitellaWorld Register of Marine Species

Notas

Véxase tamén Outros artigos Arenicola marina Poliquetos

Categoría:Anélidos