A República Popular de Crimea (en tártaro de Crimea: Qırım Halq Cumhuriyeti) foi unha república que existiu dende decembro de 1917 a xaneiro de 1918 na península de Crimea, localizada no sur da actual Ucraína. Esta república foi o primeiro intento no mundo musulmán de establecer un Estado secular (véxase tamén República Democrática de Azerbaidján). Na súa fundación, a República Popular de Crimea era un dos moitos intentos pasaxeiros de crear novos estados despois de que a Revolución Rusa de 1917 causara o derrubamento do Imperio Ruso.
Historia A República Popular de Crimea foi declarada por iniciativa do Qurultay dos tártaros de Crimea, que estipulaba a igualdade de todas as etnias dentro da península; a maioría das persoas que vivían na Crimea do tempo eran rusos (compoñendo un 42 % da poboación da Crimea) ou ucraínos (11 %). Porén os tártaros de Crimea foron durante algún tempo a forza política e cultural dominante sobre a península. Noman Çelebicihan foi o primeiro e único presidente da república.
O Qurultay consistía en 76 delegados, catro dos cales eran mulleres (Efika Gasprinskaya, Anife Bdaninskaya, Ilhan Tohtar e Hatice Avcı). Os delegados eran elixidos de cinco condados: Ialta (24), Akmescit (19), Keffe (16), Kezlev (11), e Orkapi (6).
Os bolxeviques estableceron a RSS da Tavria sobre o territorio de Crimea a principios de 1918 antes de que a zona fose invadida polas forzas da República Popular de Ucraína e do Imperio Alemán. Algúns funcionarios do goberno nacional como Cafer Seydahmet Kırımer, que conseguira escapar do terror do bolxevismo, buscaban asilo político en Kíiv e facían unha petición de axuda militar do Exército ucraíno.
Goberno Presidente e ministro de Xustiza - Noman Çelebicihan Ministro de Defensa - Cafer Seydahmet Kırımer Ministro de Educación - Ahmet Özenbaşlı Ministro de Finanzas - Seyitcelil Hattat Ministro de Relixión - Ahmet Şükrü
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
República Autónoma de Crimea República Socialista Soviética da Táurida República Popular de Ucraína Referendo de independencia de Crimea de 2014
Categoría:Historia de Ucraína Categoría:Historia de Rusia Categoría:Crimea Categoría:Estados desaparecidos de Europa Categoría:Repúblicas desaparecidas