Eesti Televisioon (en galego: «Televisión estoniana»), máis coñecido polas súas siglas ETV, é a primeira cadea de televisión pública de Estonia, controlada pola organización estatal Eesti Rahvusringhääling.
As súas emisións regulares comezaron o 19 de xullo de 1955 como Tallinna Televisioonistuudio (Estudo de Tallin), e durante máis de 35 anos foi a única canle de televisión dispoñible en Estoniana. ETV cumpre funcións de servizo público, e está obrigada a difundir e promover a cultura nacional do país, así como dar cobertura ás comunidades minoritarias. O seu programación é xeral, e está composta por formatos informativos, entretemento, ficción e series documentais. É membro da Unión Europea de Radiodifusión desde 1993.
No ano 2002 foi a cadea encargada de organizar o Festival de Eurovisión, trala vitoria do país no concurso.
O grupo funcionou por separado do servizo de radio ata o 1 de xaneiro de 2007, cando o Goberno estoniano integrou todas as empresas de radiodifusión pública no ente ERR. Nos últimos anos, Eesti Televisioon desenvolveu canles temáticos para a Televisión Dixital Terrestre como ETV24, de información continua, e ETV2, de carácter cultural e creado en 2008.
Financiamento Eesti Televisioon finánciase a través de impostos directos. A maior parte do orzamento provén de subvencións da administración pública estona. Un 15% do mesmo está sufragado polas televisións comerciais do país, que pagan a cota a cambio do seu dereito exclusivo para emitir publicidade. Desde 2002, ETV ten prohibida a emisión de publicidade en todas as súas canles. Isto impide tanto anuncios como calquera outra modalidade, como teletenda ou patrocinios.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Festival de Eurovisión 2002 Eesti Rahvusringhääling
Ligazóns externas Sitio web oficial de Eesti Televisioon (en estoniano e inglés) Sitio web oficial de Eesti Rahvusringhääling (en estoniano, inglés e ruso)
Categoría:Cadeas de televisión de Estonia