O XLVII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse o 25 de maio de 2002, no complexo Saku Surhall de Tallin, Estonia. Os presentadores foron Annely Peebo e Marko Matvere. Marie N foi a ganadora deste Festival, representando a Letonia coa canción "I wanna", desbancando ás máximas favoritas, Afro-diche (Suecia) e Corinna May (Alemaña).

En 2002, a Unión Europea de Radiodifusión volveu ao sistema simple usado en 1994 e 1995 para determinar que países participarían no concurso. Os países con menos puntuación (sen contar Francia, Alemaña, España e o Reino Unido, que formaban o Big Four) do ano anterior foron excluídos, omitindo tantos países como fose necesario para reducir o número de participantes a 24. Xa que logo clasificáronse os 17 primeiros clasificados da edición de 2001 e sete países relegados en 2001. En principio a Portugal correspondíalle unha praza, pero Portugal declinou participar por problemas internos, e foron substituídos por Letonia, que acabaría gañando o concurso.

Esta edición tivo unha audiencia segundo a UER e televisión estona de 166 millóns de espectadores, alcanzando os maiores índices en Malta (con máis dun 90% de seguimento), Suecia e España. Neste último país, ademais, converteuse no espazo máis visto desde que existían as estatísticas de audiencia, creando grazas ao concurso de selección, Operación Triunfo, un grande eco informativo e fenómeno de masas en España.

O pavillón e escenario de Tallin, pese a albergar a uns 5.000 espectadores, quedábase lonxe da capacidade das dúas últimas sedes en Estocolmo e Copenhaguen. Foi o primeiro festival celebrado nun dos países de Europa Oriental incorporados ao certame a partir dos anos 90.

Países participantes Cancións e selección País e TV Artista Proceso e data de selección Lingua(s) ARD I can't live without music Corinna May Countdown Grand Prix, 22-02-02 inglés ORF Say a word Manuel Ortega Song.Null.Zwei, 01-03-02 inglés VRT Sister Sergio & The Ladies Eurosong '02, 17-02-02 inglés PBSBIH Na jastuku za dvoje Maja Tatić BH Eurosong 2002, 23-02-02 Bosníaco e inglés CyBC Gimme One Elección interna inglés HRT Everything I Want Vesna Pisarović Dora 2002, 10-03-02 inglés DR Tell me who you are Malene Mortensen Dansk Melodi Grand Prix, 09-02-02 inglés RTVSLO Samo ljubezen Sestre EMA 2002, 16-02-02 Esloveno TVE Europe's Living a Celebration Rosa Operación Triunfo, 18-03-02 Castelán e inglés ERR Runaway Sahlene Eurolaul 2002, 26-01-02 inglés France 3 Il Faut Du Temps (Je Me Battrai Pour Ça) Sandrine François Elección interna francés YLE Addicted to you Laura Voutilainen Euroviisut 2002, 26-01-02 inglés ERT S.A.G.A.P.O. Michalis Rakintzis Final nacional, 26-02-02 inglés IBA Light a candle (Nadlik Beyachad Ner) Sarit Hadad Elección interna Hebreo e inglés LTV I Wanna Marie N Eirodziesma 2002, 02-03-02 inglés LRT Happy you Aivaras Final nacional, 14-02-02A final nacional gañouna o grupo B'Avarija coa canción "We all", pero posteriormente foron descualificados porque a canción publicouse antes da data establecida polas normas. Aivaras, quen acabara en segundo lugar, foi declarado ganador inglés MKRTV Od nas zavisi Karolina Gočeva Final nacional, 16-02-02 Macedonio PBS 7th wonder Ira Losco Malta Song For Europe, 16-02-02 inglés BBC Come back Jessica Garlick A Song For Europe, 03-03-02 inglés TVR Tell me why Monica Anghel & Marcel Pavel Final nacional, 03-03-02 inglés C1R Northern girl Prime Minister Elección interna inglés SVT Never let it go Afro-dite Melodifestivalen 2002, 01-03-02 inglés SRG SSR Dans Le Jardin De Mon Âme Francine Jordi Final nacional, 02-02-02 Francés TRT Leylaklar soldu kalbinde Buket Bengisu & Group Sapphire Final nacional, 15-02-02 Turco e inglés </center>

Artistas que regresaron Constantinos Christoforou (membro de One): Participou polo país insular como solista na edición de 1996. Monica Anghel: Foi seleccionada para representar a Romanía xunto a Sincron en 1996. Con todo, non chegou a pisar o escenario, xa que aquel ano, antes do festival, celebrouse unha semifinal non televisada onde quedou eliminada.

Linguas Dos 24 temas participantes, 16 foron interpretados integramente en inglés. Dos restantes 8, catro foron cantados completamente na súa lingua oficial (Eslovenia, Francia, a Antiga República Iugoslava de Macedonia) e Suíza). Bosnia e Hercegovina, España, Israel e Turquía mesturaron a súa lingua propia con frases en inglés.

Celebración do festival # País Intérprete(s) Canción Lugar Puntos 1 One Gimme 6 85 2 Jessica Garlick Come back 3 111 3 Manuel Ortega Say a word 18 26 4 Michalis Rakintzis S.A.G.A.P.O. 17 27 5 Rosa Europe's living a celebration 7 81 6 Vesna Pisarović Everything I want 11 44 7 Prime Minister Northern girl 10 55 8 Sahlene Runaway 3 111 9 Karolina Gočeva Od nas zavisi 19 25 10 Sarit Hadad Light a candle (Nadlik beyachad ner) 12 37 11 Francine Jordi Dans le jardin de mon âme 22 15 12 Afro-dite Never let it go 8 72 13 Laura Voutilainen Addicted to you 20 24 14 Malene Mortensen Tell me who you are 24 7 15 Maja Tatić Na jastuku za dvoje 13 33 16 Sergio & the Ladies Sister 13 33 17 Sandrine François Il faut du temps (Je me battrai pour ça) 5 109 18 Corinna May I can't live without music 21 17 19 Buket Bengisu & Group Sapphire Leylaklar soldu kalbinde 16 29 20 Ira Losco 7th wonder 2 164 21 Monica Anghel & Marcel Pavel Tell me why 9 71 22 Sestre Samo ljubezen 13 33 23 Marie N I wanna 1 176 24 Aivaras Happy you 23 12

* Os países resaltados conseguiron a clasificación para o Festival de 2003

Máximas puntuacións Trala votación os países que recibiron 12 puntos (máxima puntuación que podía outorgar o xurado) foron:

N. A De 5 España, Estonia, Israel, Alemaña, Lituania 3 Suíza, Bélxica, Francia 3 Reino Unido, Croacia, Dinamarca 2 Grecia, Malta 2 Suecia, Letonia 2 Rusia, República de Macedonia 1 Turquía 1 Eslovenia 1 Finlandia 1 Chipre 1 Romanía 1 Austria 1 Bosnia e Hercegovina

Mapa dos participantes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eesti Televisioon Ligazóns externas Letra de todos os temas participantes (orixinal e tradución ao castelán)

2002