O Nanterre 92, antes coñecido como Jeunesse sportive des Fontenelles de Nanterre ou JSF Nanterre, é un equipo de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Nanterre (Hauts-de-Seine, Illa de Francia). Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A, a máxima categoría do baloncesto francés. Os seus maiores éxitos concéntranse na década de 2010, onde conseguen gañar unha Liga, dúas Copas, o EuroChallenge e a FIBA Europe Cup.
Historia A Jeunesse sportive des Fontenelles de Nanterre foi fundada no ano 1927. Entre os anos 1990 e 1995, o equipo foi reforzado pola fusión entre a sección de baloncesto do club e o Entente Sportive de Nanterre. Coa súa sede en Nanterre, nos Hauts-de-Seine, o club vaga até o final da década de 1980 nas divisións departamentais e rexionais inferiores. Após a chegada dunha nova directiva ao club en 1987, o club comeza a subir de categoría. Desde 1989 até 2004 o equipo ascende até dez veces en quince anos sen descender nunca. As pezas angulares deste proxecto foron o presidente Jean Donnadieu e o adestrador Pascal Donnadieu, que permaneceron no posto durante todo este tempo.
O equipo debuta na Pro B, segunda categoría do baloncesto francés, na temporada 2004–05. No ano 2007 o club abre un centro de formación que permite, co apoio do Consello Rexional e o Concello de Nanterre, a doce xogadores compatibilizar os estudos co deporte de alto nivel. Ese mesmo ano o equipo chega á final da Copa de Francia, onde perden por 92–83 ante o Pau-Orthez. No ano 2011 o club gaña o campionato de Segunda División e ascende por vez primeira á máxima categoría. Despois do ascenso o equipo segue a mellorar até gañar en tan só dous anos o seu primeiro título de Liga, que virá acompañado da consecución de dúas Copas, e dous títulos europeos: o EuroChallenge e a FIBA Europe Cup. En febreiro de 2016 o club muda o seu nome de JSF Nanterre a Nanterre 92.
Ano a ano AnoNivelLigaCopaLeaders CupCompeticións europeas2006–072 Pro B 5ºSubcampión 2007–082 Pro B 7º Semifinais 2008–092 Pro B 9º Rolda de 32 2009–102 Pro B 6º Rolda de 16 2010–112 Pro B 1º Rolda de 32 2011–121 Pro A 11º Rolda de 16 2012–131 Pro A1ºSubcampión 2013–141 Pro A 10ºCampiónSubcampión 1 Euroliga 2 Eurocup 2014–151 Pro A 5º Oitavos de final 3 EuroChallenge 2015–161 Pro A 8º Semifinais Semifinais 2 Eurocup 2016–171 Pro A 6º Campión Semifinais 4 FIBA Europe Cup 2017–181 Pro A 7º Semifinais Semifinais 3 Champions League 2018–191 Pro A 4º Cuartos de final 3 Champions League 2019–201 Pro A 7º Rolda de 16 2 EuroCup 2020–211 Pro A 10º Rolda de 16 2 EuroCup 2021–221 Pro A 10º Rolda de 32
Pavillóns O Nanterre 92 xoga os seus partidos coma local da liga francesa no Palais des Sports Maurice Thorez, con capacidade para 3.000 espectadores. Porén, ocasionalmente e para partidos europeos, o club usa o Halle Georges Carpentier de París con capacidade para 5.009 espectadores. O 11 de marzo de 2018, o equipo xogou un partido de Liga no U Arena de Nanterre, onde o Nanterre 92 venceu ao ASVEL Basket por 81–80 ante 15.220 espectadores, máxima asistencia a un partido da competición gala da súa historia.
Xogadores Destacados
Souarata Cissé Mamoutou Diarra Evan Fournier Joseph Gomis Hugo Invernizzi Edwin Jackson Mouhammadou Jaiteh Marc Judith Lahaou Konaté Mathias Lessort Adrien Moerman Johan Passave-Ducteil Ali Traoré Kevin Lisch Joachim Ekanga-Ehawa Jeremy Nzeulie Juan Palacios Ivan Almonte Erik Murphy Jamar Wilson Myles Hesson Heiko Schaffartzik Alade Aminu Talib Zanna Miguel Cardoso Malick Badiane Sergiy Gladyr Steffon Bradford Spencer Butterfield T.J. Campbell Brian Conklin Rashaun Freeman Diante Garrett Kevin Jones David Lighty Deshaun Thomas Ivan McFarlin Trent Meacham Mykal Riley Gerald Robinson Jamal Shuler Chris Warren Kyle Weems
Títulos Competicións locais Liga Campións (1): 2013 Copa Campións (1): 2014, 2017 Subcampións (2): 2007, 2013 Supercopa Campións (2): 2014, 2017 Subcampións (1): 2013 Segunda División Campións (1): 2011
Competicións europeas FIBA Europe Cup Campións (1): 2017 EuroChallenge Campións (1): 2015
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Francia