O Xardín botánico da Fundación Sales e o único xardín botánico da cidade de Vigo. Trátase dun arboretum, é dicir, un compendio de diversas especies de árbores de todos os recunchos do mundo, aínda que a súa colección inclúe todo tipo de especies vexetais..Turismodevigo.org
Historia O xardín era propiedade do arquitecto e paisaxista Francisco de Sales Covelo. Á súa morte, os seus achegados crearon a Fundación que recibe o seu nome e que se encarga do coidado e ampliación do seu legado. Nos cerca de 7000 metros cadrados que ocupa a propiedade atópase a antiga casa de Sales Covelo, que actualmente é a sede da Fundación.
Especies vexetais A fundación posúe algunhas xoias do mundo vexetal: Wollemia nobilis: árbore que se creu extinguida e só se coñecía na forma fósil ata o ano 1994, cando se redescubriu na costa de Australia. O exemplar do xardín foi doado por un colaborador inglés no ano 2011. Victoria cruziana: planta acuática natural do río Paraná. É o único exemplar existente en España, procedente dunhas sementes doadas polo Real Xardín Botánico de Kew en Londres.Florece en Vigo el ejemplar de planta acuática más grande de España ABC, 2013.Florece el mayor nenúfar de España El Mundo, 08 de agosto de 2013.Florece el nenúfar gigante de la Fundación Sales La Voz de Galicia, 07 de agosto de 2013.Una flor única en la Fundación Sales Faro de Vigo, 08 de agosto de 2013.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Parques de Vigo Ligazóns externas Fundación Sales Entrevista á voceira da Fundación Sales en Xornal de Vigo
Categoría:Natureza en Vigo Categoría:Parques de Vigo Categoría:Xardíns botánicos Categoría:Fundacións de Galicia Categoría:Vigo sen imaxes