A PO-201 (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Silleda e Laro; ambas no concello de Silleda. Ten unha lonxitude de 7,84 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa EP-7201 en Silleda e finaliza nun cruzamento coa PO-534 en Laro (Silleda).

Percorrido e características

O sinuoso trazado inicial foi modificado arredor do ano 2007, eliminándose gran parte das súas curvas e aumentando a anchura do vial. A estrada arranca na EP-7201, no cruzamento situado entre o parque municipal das Pedrosas e o cemiterio de Silleda. Cruza o río da Gouxa e intérnanse na parroquia de Siador atravesando o lugar do Marco. Xa na parroquia de Cortegada, discorre a carón do Burgo e destaca a longa recta dos Chaos. Atravesa despois Oleiros e dous lugares desta parroquia: O Carballo e Pazos. Continua logo ata enlazar nunha rotonda coa PO-534, coñecida como a estrada do Candán.

Notas

Categoría:Estradas da rede secundaria de Galicia na provincia de Pontevedra Categoría:Silleda