Tierra Gallega foi un semanario editado en Montevideo entre 1917 e 1918.
Historia e características Apareceu o 11 de febreiro de 1917. O seu fundador e director foi Xosé María Barreiro, ata o número 40, cando se encargou da dirección Miguel Barros Castro. O secretario de redacción era Ángel Aller. Realizou un intenso labor a prol da unión dos galegos residentes en Montevideo e para difundir a literatura galega. Tamén publicou folletíns de temática galega. Cesou a súa publicación o 28 de abril de 1918. Foi continuado por Galicia Nueva.
Véxase tamén
Bibliografía
Carmen Fariña Miranda (ed.) e Luís Alonso Girgado (dir.) (2004). Tierra Gallega (Montevideo, 1917-1918) Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-3977-X.
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Montevideo