El Restaurador foi un periódico editado en Vigo entre 1900 e 1913.

Historia e características Subtitulado Semanario Independiente, apareceu en novembro de 1900.El Lucense, 24-11-1900, p. 2. Periódico católico propiedade de Ramón Sinforiano Fernández que estivo dirixido por Manuel Reymóndez, Arturo Prieto Alcayna (1908), Claudio de Cabo e Juan Andrade Domínguez; os seus redactores eran Manuel Fernández García, Ramón Sinforiano Fernández, Juan Andrade Domínguez e José Martínez Pereira -que asinaba Jomape-, e o seu animador ideolóxico Manuel Vallejo, catedrático do seminario de Tui. Entre os seus colaboradores figurou Hermenegildo Calvelo. Dende xaneiro de 1907 cambiou o seu subtítulo por Bisemanario Católico de Vigo. En 1913 levaba como subtítulo Órgano oficial de la Comunión Tradicionalista, en la provincia de Pontevedra. Mantivo polémicas con La Lucha e Germinal. Cesou a súa publicación en xuño de 1913.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Prensa carlista Categoría:1900 en Galicia