La Semana Literaria foi unha revista editada na Coruña entre 1878 e 1879.

Historia e características Subtitulada Revista de literatura, ciencias y artes, apareceu o 16 de novembro de 1878. Publícase os días 1, 8, 16 e 24. Estaba dirixida por Ricardo Caruncho e Anastasio R. López. Entre os seus colaboradores figurou Manuel Comellas. Cesou a súa publicación en 1879 (o último número coñecido é o 36, do 8 de agosto).

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1878 en Galicia Categoría:Revistas literarias de España