Diario de Avisos y Noticias de Santiago foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1843.

Historia e características Apareceu o 6 de marzo de 1843. Imprimiuse na casa da viúva de Compañel. Xornal diario, no que se daba conta do santoral, efemérides, prezos de grans, movemento de poboación, anuncios e novas. Tiña unha sección de variedades na que se inserían disposicións gobernativas e noticias xerais. Publicáronse 53 números, cesando o 5 de maio dese ano.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela

Categoría:1843 en Galicia