A festa da filloa de Valongo é unha festa gastronómica que ten lugar en Valongo (Cerdedo Cotobade) para exaltar a filloa. Celébrase desde 1979 o primeiro sábado de setembro, a véspera da romaría da Nosa Señora do Libramento.
Características A festa comeza o venres cunha churrascada. O sábado ten lugar o concurso degustación, con filloas preparadas en tixola ou á pedra. Os doces, elaborados con fariña, leite, ovos e sal, adoitan ir recheos de produtos como chocolate fundido, mel, crema pasteleira, marmelada ou nata.
A celebración comezou en 1979 da man de Amadeo Redondo Fraguas xunto con Jesús Moldes Monroy e Manuel Caramés Fernández, e posteriormente potenciada por amigos seus entre os que destaca Manuel Antas Fraga, un veciño da parroquia emigrado a Salvador de Bahia (Brasil). A festa acompáñase de actos relixiosos e dunha verbena, na que actuaron orquestras como a Sintonía, ou Los Satélites e artistas como Georgie Dann, Conchita Bautista ou Fuxan os Ventos.
Véxase tamén Ligazóns externas "A festa da filloa del indiano", artigo de Primitivo Carbajo en El País, 6 de setembro de 2008 . "Valongo celebra a trixésima quinta edición da súa Festa da Filloa", atigo de Laura Díaz no Diario de Pontevedra, 31 de agosto de 2013.
Categoría:Cerdedo Cotobade Filloa Categoría:Sobremesas e doces de Galicia