miniatura|A VG-1.3 forma parte da Vía Ártabra A Vía Ártabra é un corredor para vehículos no Arco Ártabro dependente da Xunta de Galicia, concibido para canalizar cara á AP-9 o crecente tráfico xerado polas zonas rururbanas e barrios dormitorio de Oleiros, Sada e norte de Cambre, así como para desconxestionar a N-VI e as estradas das redes primaria complementaria, secundaria e provincial que integran a trama viaria deses concellos.
Consta dun tronco central, conformado pola AG-13 (parcialmente en servizo), a partir do cal xorden ramificacións para dotar de accesos e/ou circunvalar asentamentos de poboación e comerciais-industriais que conforman a área metropolitana da cidade da Coruña. As dúas principais ramificacións son a VG-1.3, xa en servizo e que da continuidade á AG-13 cara ao norte, e a vía de acceso e variante de Sada, pendente dos estudos informativos e de impacto ambiental desde febreiro de 2015 mais sobre o que xa se leva a traballar desde 2012.
Canda estas novas vías de alta capacidade, e como parte integrante do corredor, foron construídas dúas novas estradas pertencentes á rede primaria básica: a AC-526 (Acceso ao porto de Lorbé, considerado como o "treito III" da Vía Ártabra) e a AC-527 (Variante de Oleiros). Asemade, fixéronse conexións coas estradas AC-163, DP-5815, AC-183 DP-7508, DP-5812, DP-1707, DP-5813 e N-VI, onde remata a AG-13 en espera da súa prolongación cara a AP-9.
Adicionalmente, os concellos da zona veñen reclamando desde hai anos que o proxecto se estenda até a A-6 para dotar de maior utilidade esta infraestrutura. O feito é que nos seus primeiros anos de posta en funcionamento, a Vía Ártabra vén amosando uns índices de tráfico por debaixo do agardado. Se ben o proxecto inicial si tiña prevista esta conexión, en 2010 a Xunta de Galicia tomou a decisión de suprimir a continuación deste corredor de alta capacidade até a A-6, inicialmente prevista, por motivos económicos. Porén en 2017, desde a Axencia Galega de Infraestruturas, volvían deixar aberta a posibilidade dunha futura conexión coa autovía do Noroeste.
Tramos e denominacións DenominaciónTramoLonxitude (km)EstadoPorto de Lorbé - Veigue1,1En servizo desde abril de 2017 Veigue - Meirás3,2En servizo desde febreiro de 2012Meirás - 3,0En servizo desde setembro de 2013Acceso a SadaPorto de Fontán - 5,6En estudo informativo e impacto ambiental desde xullo de 2015 - 2,0En servizo desde setembro de 2013 - 3,6Exposición pública do proxecto construtivo desde febreiro de 2017 - 1,1En servizo desde setembro de 2013 - 0,7En servizo desde xullo de 2012
Notas