El Adelanto foi un semanario editado en Pontevedra entre 1882 e 1883.
Historia e características Subtitulado Semanario defensor de los intereses generales de Galicia, apareceu o 17 de setembro de 1882. Foron os seus redactores Antonio Curros, Félix Lázaro, Torcuato Ulloa e Albino Simán. Caracterizado polo seu ton polémico, tivo unha soada disputa con El Libredón e polemizou con El Hijo del Trabajo, El Lucense, El Regional e El Independiente. Editado na imprenta de Roxelio Quintáns, tivo moi curta vida.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1882 en Galicia