Mandragora é un xénero pertencente á subfamilia Solanoideae, incluída na familia das solanáceas (Solanaceae). Comprende 18 especies nativas de Eurasia. Antigamente utilizábana con fins curativos. Hoxe en día serve como especia de cociña (se está curada) ou como estupefaciente (se non está curada). É moi propia en países onde as temperaturas son moi elevadas, como en Asia e África onde aínda se utiliza con fins curativos. É o único xénero da tribo Mandragoreae.
A especie máis común é a mandrágoraNome vulgar galego en Diccionario Cumio da lingua galega Vigo, Edicións do Cumio, 1999 Mandragora officinarum, unha planta herbácea de raíz grosa e napiforme, follas ovais e enteiras, en roseta, e flores pedunculadas e campaniformes, de cor amarela verdosa; crece na rexión mediterránea. Ten propiedades narcóticas e desde a antigüidade atribúenselle propiedades máxicas.
Especies seleccionadas Mandragora acaulis Mandragora autumnalis Mandragora caulescens Mandragora officinarum
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas