Manuel Navarro Dolz, nado en Alacant o 29 de setembro de 1946, é un exfutbolista que xogaba na demarcación de lateral esquerdo.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Hércules CF, porén debutaría profesionalmente no Alicante CF, onde militou dúas tempadas antes de fichar polo CD Alcoyano por outras catro tempadas. Na tempada 1970/71 ficha polo Hércules CF, pero so militaría no club unha tempada xa que o seu bo papel fai que o Celta de Vigo, por aquel entón en Primeira División o fiche.
En Vigo xogou seis tempadas, sendo sempre un home importante na defensa. O primeiro ano no equipo tivo a oportunidade de debutar na Copa da UEFA, no encontro de volta primeira eliminatoria, na que o equipo galego foi eliminado polo Aberdeen F.C.
A tempada 1974/75 non foi boa a nivel colectivo e rematou co descenso do equipo a Segunda División, recuperando a categoría ao ano seguinte. Porén a tempada de regreso a Primeira tampouco foi boa, supoñendo un novo descenso, esta sería o último ano de Navarro no Celta.
Tres deixar Vigo volveu ao Alicante CF, onde se retirou en 1981.
Categoría:Nados en Alacant Categoría:Nados en 1946 Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Xogadores do Alicante CF Categoría:Xogadores do CD Alcoyano Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo