Manuel Batanero Montenegro, nado en Madrid o 9 de maio de 1830 e finado na mesma cidade o 19 de decembro de 1888La Correspondencia de España, 20-12-1888, p. 3., foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Blas Batanero e María Andrea Montenegro, de procedencia galega. Afiliado ao Partido Moderado histórico, foi deputado polos distritos de Ordes (1864), Santiago de Compostela (1867) e Carral (1871). Na Restauración foi elixido deputado do Partido Conservador polo distrito de Muros (1876, 1879, 1881 e 1884). Foi Fiscal da Débeda Pública, Inspector xeral de Facenda e director xeral do Ministerio de Ultramar. Foi soterrado en San Clodio.

Vida persoal Casou con María Pastoriza Flórez de Losada Quiroga e foi pai de Manuel Batanero Flórez.

Notas

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1830 Categoría:Finados en 1888