Raiba é un grupo de música rock en galego creado en 2009 en Portas.Concierto de Raiba en Baños de Molgas

Traxectoria O grupo creouse tras a unión de Buceta (baixo), Fran (guitarra) e F. Bernardini (batería) e Xavinho (voz), quen fora o primeiro vocalista de NAO. O grupo comezou influenciado polo rap metal dos anos 90 e o nu metal, ademais de toques electrónicos, para máis adiante evolucionar cara a estilos máis próximos ao hardcore punk.

A banda deuse a coñecer no Correlingua 2010 co videoclip "FOGAR" no que involucraron a máis de 20 vocalistas de Galiza como Yosi Domínguez, Bocixa, Xurxo Souto, O Leo i Arremecághona!, Tonhito de Poi, Javi Maneiro, Vituco Neira, Aid, Cody MC, Chechu (Aphonnic), Martiño (Machina), Markos (Trashnos) ou Thais (Ith).

Editaron o seu primeiro disco, Por vivir, en 2011. En 2014 lanzaron unha campaña de mecenado para a edición do seu segundo disco, Versos da revolta, gravado en Braga, e que contou coa colaboración do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.

En 2016 gravaron o seu terceiro disco, Historias na pel, que presentaron na Sala Capitol o día das Letras Galegas, no festival Terar de Lobos. O grupo colgou o disco na súa web para ser descargado de balde.

En 2017 quedaron finalistas nos Premios Martín Codax da Música, participaron no Festigal e presentaron o seu cuarto álbum, Marxinación, tamén financiado por mecenado.

Membros Xavi Castro, "Xavinho" - Voz Borxa - Baixo F. Bernardini – Batería Fran J. Castro - Guitarra

Discografía Álbum Ano Selo Por vivir 2011 autoeditado Versos de revolta 2014 autoeditado Historias na pel 2016 autoeditado Marxinación 2017 autoeditado Marxinación (2017)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do grupo

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Grupos de rock en galego