Daniel Iglesias Gago, nado en Santiago de Compostela o 18 de agosto de 1995, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro no Steaua București de Romanía.

Traxectoria Ingresou na canteira do Deportivo da Coruña en 2007, con 12 anos. Avanzou polas diferentes categorías do club e na tempada 2012/13 debutou co filial, o Fabril, na Terceira División, alternando co equipo xuvenil. Esa campaña participou en 14 partidos co filial e logrou 5 goles.

Na tempada 2013/14 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña en Segunda División, no encontro da segunda xornada en Riazor ante o Córdoba (0–1), substituíndo a Álex Bergantiños. Xogou outros dous partidos esa tempada co equipo adestrado por Fernando Vázquez, correspondentes á Copa do Rei.

Continuou no Fabril ata o final da tempada 2014/15, acumulando un total de 80 partidos e 24 goles. O 31 de xullo de 2015 anunciouse a rescisión do seu contrato co Deportivo da Coruña, despois de oito anos na estrutura do club.

Días máis tarde firmou por catro temporadas co Deportivo Alavés, de Segunda División. Na súa primeira tempada foi cedido CD Guadalajara de Segunda División B, co que disputou 33 partidos e anotou 7 goles. Nas dúas seguintes tempadas xogou co filial do equipo vasco, o Alavés B, na Terceira División, e na 2018/19 foi cedido ao Istra 1961 de Croacia, xunto a Adrián Fuentes, Einar Galilea e Ioritz Landeta. Disputou 22 partidos na Prva HNL, 2 deles na fase de permanencia na que o equipo salvou a categoría ante o Šibenik.

En 2019 foi traspasado ao Rijeka, co que xogou un total de 14 partidos durante a súa primeira tempada, rematando a liga na terceira posición, por detrás do Dinamo Zagreb e do Lokomotiva. Co equipo croata debutou na Europa League, nun partido ante o Aberdeen, e disputou tres partidos na competición europea, ademais de proclamarse campión da Copa de Croacia. Comezou a seguinte tempada en Rijeka pero ante a falta de minutos, foi cedido en febreiro ao Spartak Trnava eslovaco, co que xogou ata o final da campaña, disputando 10 partidos da liga eslovaca (rematando cuarto) e dous da Copa.

En 2021 foi traspasado ao ŠKF Sereď, tamén de Eslovaquia, co que rematou a liga na quinta posición, pero o club foi descendido dúas categorías administrativamente. A continuación instalouse en Romanía, onde fichou primeiramente polo Dinamo București, que viña de descender á Liga II. Na súa primeira campaña en Bucarest conseguiu o ascenso á Liga I, contribuíndo con tres goles na liga regular e outros tres na promoción de ascenso. Na seguinte tempada disputou un total de 36 partidos, conseguindo a salvación na promoción de permanencia.

En 2024 asinou polo Steaua București.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en futbolme.com Datos do xogador en lapreferente.com Conta de Twitter oficial do xogador

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Futbolistas de Santiago de Compostela Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés B Categoría:Xogadores do Deportivo Guadalajara Categoría:Xogadores do NK Istra 1961 Categoría:Xogadores do HNK Rijeka Categoría:Xogadores do FC Spartak Trnava Categoría:Xogadores do ŠKF Sereď Categoría:Xogadores do FC Dinamo București Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-17