Eva Almazán García, nada en Pontevedra en 1976, é unha tradutora galega.

Traxectoria

Licenciouse en 1998 en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo. En 2000, na mesma universidade, completou os cursos de doutoramento, e en 2002 obtivo unha bolsa de estudos promovida pola Fundación Barrié e o British Council. Fixo un máster sobre Pragmática e Tradución na Universidade de Salford.

En 2002, cofundou a empresa Rosetta Tradución. Dende 2007 dedícase en exclusiva á tradución editorial e literaria. Traduciu para diversas editoriais galegas, como por exemplo a editorial Galaxia ou Rinoceronte, e de fóra, como Vicens Vives; e destacan as súas versións en lingua galega dalgunhas obras de autores tales de fala inglesa, como Paul Auster, Jim Thompson, Martin Amis, Doris Lessing ou Edgar Allan Poe.

É membro da Asociación de Tradutores Galegos.

Recoñecementos

Ten recibidos unha morea de premios polos seus traballos, como:

Premio de Tradución da Universidade de Vigo (2004)Eva Almazán, Premio Tradución 2004 , no Diario da Universidade de Vigo, 2004. Certificado de Honra IBBY (2006) Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2007 e 2013) Premio Lois Tobío da Asociación Galega de Editores (2009) Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro traducido en 2013, por Ulises de James Joyce (obra cotraducida con máis autores), libro polo que tamén recibiu o Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro traducido en 2013, Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia ao mellor libro do 2013 Premio Nacional de Tradución de España en 2014.A versión en galego do 'Ulises' de Joyce gaña o Premio Nacional de Tradución en El Correo Gallego, 2013. Premio de Tradución Plácido Castro, en 2023 (ex aequo con Xosé Antón Parada).

Obras traducidas

Traduciu dende o inglés, o italiano e o alemán unha gran cantidade de obras ó galegoEva Almazán García , en Cultura Galega.: Harry Potter e a Cámara dos Segredos, de J. K. Rowling (Editorial Galaxia, 2002). Dez negriños, de Agatha Christie (Editorial Galaxia, 2003). Harry Potter e o preso de Azkaban, de J. K. Rowling (Editorial Galaxia, 2004). O código Da Vinci, de Dan Brown (El Aleph, 2004) con Fernando Moreiras e Carlos Acevedo. Os alicerces da paz, de Winston Churchill (primeiro premio na edición de 2004"Estamos en desavantaxe publicando un éxito en galego, logo de facelo en castelán" , en Diario da Universidade de Vigo, 2004. do Premio de tradución da Universidade de Vigo). A Mennulara, de Simonetta Agnello Hornby (Editorial Galaxia, 2005) con Carlos Acevedo. Anxos e demos, de Dan Brown (El Aleph, 2005) con Fernando Moreiras e Carlos Acevedo. Harry Potter e o Cáliz de fogo, de J. K. Rowling (Editorial Galaxia, 2005). A casa dos encontros, de Martin Amis (Editorial Galaxia, 2006). Brooklyn Follies, de Paul Auster (Editorial Galaxia, 2006). Cruceiro de verán, de Truman Capote (Editorial Galaxia, 2006) con Carlos Acevedo. A vida interior de Martin Frost, de Paul Auster (Editorial Galaxia, 2007). Non me deixes nunca, de Kazuo Ishiguro (Editorial Galaxia, 2007). O castelo branco, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2007) con Bartug Aykan. Viaxes no scriptorium, de Paul Auster (Editorial Galaxia, 2007). A conxura dos necios, de John Kennedy Toole (Kalandraka, 2008). A casiña de chocolate, de Marta Rincón (Kalandraka, 2008). Da beleza, de Zadie Smith (Editorial Galaxia, 2008). Olladas, de Dieter Wiesmüller (Kalandraka, 2008). Un home na escuridade, de Paul Auster (Editorial Galaxia, 2008). As dúas culturas, de C. P. Snow (Consello da Cultura Galega, 2009). Invisible, de Paul Auster (Editorial Galaxia, 2009). O caderno dourado, de Doris Lessing (Editorial Galaxia, 2009). O corazón do negror, de Joseph Conrad (Kalandraka, 2009). O símbolo perdido, de Dan Brown (El Aleph, 2009) con Fernando Moreiras e Carlos Acevedo. Pan con xamón, de Charles Bukowski (Kalandraka, 2009). Contos completos I, II e III, de Edgar Allan Poe (Editorial Galaxia, 2009 e 2010). A estrada, de Cormac McCarthy (Kalandraka, 2010). A viúva preñada, de Martin Amis (Editorial Galaxia, 2010). Mexillóns para cear, de Birgit Vanderbeke (Rinoceronte Editora, 2010). Sunset Park, de Paul Auster (Editorial Galaxia, 2010). Apuntamentos de Jakob Littner desde un burato no chan, de Wolfang Koeppen (Rinoceronte Editora, 2011). C, de Tom McCarthy (Editorial Galaxia, 2011). O asasino que hai en min, de Jim Thompson (Rinoceronte Editora, 2012). Arturo e Clementina, de Adela Turín (Kalandraka, 2012). Diario de inverno, de Paul Auster (Editorial Galaxia, 2012). POB. 1280, de Jim Thompson (Rinoceronte Editora, 2012). Tantos cabaliños lindos, de Cormac McCarthy (Kalandraka, 2013). Os caloteiros, de Jim Thompson (Rinoceronte Editora, 2013). Ulises, de James Joyce (Editorial Galaxia, 2013) con María Alonso Seisdedos, Xavier Queipo e Antón Vialle Os contos de terror do tío Montague, de Chris Priestley (Sushi Books, 2015). O diario de Greg 1. Un chaíñas total, de Jeff Kinney (RBA, 2019). O diario de Greg 14. Toma desfeita, de Jeff Kinney (RBA, 2019). Instrumental, de James Rhodes (Rinoceronte, 2020) Coraxe: poemas audaces para rapazas afoutas, escolma de poemas editada por Karen Finneyfrock, Rachel McKibbens e Mindy Nettifee (Rinoceronte, 2020) O diario de Greg 15. Pasado por auga, de Jeff Kinney (RBA, 2020). O diario de Greg 2. Rodrick é o amo, de Jeff Kinney (RBA, 2021). O ano do pensamento máxico, de Joan Didion (Rinoceronte, 2022).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Os tradutores queren saír á luz, nova en Vieiros o 30 de setembro de 2009.

Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo