A ADN polimerase II ou DNA polimerase II (abreviada como ADN pol II ou Pol II) é un encima procariótico que polimeriza o ADN e está implicado na reparación do ADN. A ADN polimerase II non é esencial para a replicación do ADN. A súa acción está inducida por danos no ADN. Ten actividade de polimerase 5'→3' e pode facer unha corrección de probas das bases mal apareadas na replicación do ADNFijalkowska IJ, Schaaper RM, Jonczyk P. DNA replication fidelity in Escherichia coli: a multi-DNA polymerase affair. FEMS Microbiol Rev. 2012 Nov;36(6):1105-21. doi: 10.1111/j.1574-6976.2012.00338.x. Epub 2012 Apr 5. PMID 22404288. , e non precisa un cebador ou primer de ARN.
Características e funcións O encima ten 90 kDa e está codificado no xene polB. A ADN pol II pode sintetizar novos pares de bases de ADN a unha velocidade media entre 40 e 50 nucleótidos/segundo. As cepas que carecen do xene polB non mostran defectos significativos na replicación do ADN. A síntese de ADN pol II é inducida durante a fase estacionaria do crecemento celular. Nesta fase ten lugar moi pouco crecemento e pouca síntese de ADN. Tamén é a fase na que se poden acumular mutacións por danos no ADN, como curtas lagoas (gaps) que actúan como como puntos de bloqueo para a ADN pol III. Nesas circunstancias, a ADN pol II axuda a superar ese problema porque pode reiniciar a síntese de ADN augas abaixo despois deses puntos. A ADN pol II ten unha baixa taxa de erros, pero é demasiado lenta como para ser útil na síntese normal do ADN.
Ademais de na corrección de erros introducidos pola ADN pol III, a ADN pol II pode estar implicada en diversos procesos celulares relacionados coa reparación de alteracións no ADN causadas por mutáxenos como a radiación UVMasker W, Hanawalt P, Shizuya H. Role of DNA polymerase II in repair replication in Escherichia coli. Nat New Biol. 1973 Aug 22;244(138):242-3. PMID 4580165. , oxidación etc., bypass de lesiónsFujii S, Fuchs RP. Interplay among replicative and specialized DNA polymerases determines failure or success of translesion synthesis pathways. J Mol Biol. 2007 Sep 28;372(4):883-93. Epub 2007 Aug 2. PMID 17707403. , ou mutaxénese adaptativa. In vitro demostrouse que interacciona con proteínas accesorias da ADN pol III, e protexe os extremos 3' mal apareados da acción da ADN pol IV.Damian Gawel, Phuong T. Pham, Iwona J. Fijalkowska, Piotr Jonczyk, and Roel M. Schaaper. Role of Accessory DNA Polymerases in DNA Replication in Escherichia coli: Analysis of the dnaX36 Mutator Mutant. J Bacteriol. 2008 March; 190(5): 1730–1742. Published online 2007 December 21. doi: 10.1128/JB.01463-07. PMCID: PMC2258657.
Notas
Véxase tamén Outros artigos ADN polimerase ADN polimerase I Holoencima ADN polimerase III
Categoría:Transferases Categoría:Replicación do ADN