Alfredo Jesús Atilano Caamaño Pato, coñecido como Alfredito, nado en Negreira en 1897 e finado en Venezuela en 1970, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Alfredo Caamaño Ferreiro e sobriño de Manuel Caamaño Ferreiro. Foi presidente de Izquierda Republicana de Negreira. Foi detido a principios de maio de 1936 con Juan Barros Manteiga por participar nunha manifestación diante do xulgado de Negreira.El Ideal Gallego, 5-5-1936, p. 5. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presidiu o Comité de Defensa da República de Negreira. Agochouse no Pazo de Cotón; co seu irmán Manuel pasou a Portugal, e por Francia chegou á zona republicana. Xulgado en Compostela por rebelión, foi declarado en rebeldía. Os franquistas detiveron e condenaron á súa muller Elena Suárez Suárez. Foi xuíz de Belchite e ao caer Belchite estivo en Barcelona como xefe de armamento. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xaneiro de 1939.BOP A Coruña, 19-1-1939, p. 4. Ao rematar a guerra marchou á República Dominicana en decembro de 1939. Despois exiliouse en México e finalmente en Venezuela.

Vida persoal

Casou con Elena Suárez Suárez e con ela tivo 5 fillos: Alfredo, Iván, Matilde, Sirio e Violeta. Antes de casar tivo un fillo chamado Aureliano. Na República Dominicana tivo dous fillos con Genoveva Casado: Themys e Eros.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Alfredito Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego

Categoría:Avogados de Negreira Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados en Negreira Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1970