Lactobacillales é unha orde de bacterias grampositivas que comprende as bacterias do ácido láctico. Encóntranse no solo, auga, plantas e animais. Utilízanse na produción de alimentos fermentados, como iogur, queixo, manteiga, quefir etc., nos que orixinan a formación de ácido láctico a partir de azucres. Tamén son responsables da fermentación maloláctica na produción do viño, e fermentan os repolos para facer sucrut. Hai tamén especies patóxenas como Streptococcus pneumoniae ou Enterococcus faecalis.

Características As Lactobacillales teñen células de formas variadas: cocos, bacilos ou cocobacilos. Obteñen a enerxía da oxidación de compostos orgánicos. Son grampositivas Non esporuladas, xeralmente non móbiles Oxidase negativas (ausencia do encima oxidase) Catalase negaivas (ausencia do encima catalase).

Ademais, o riboswitch de caixa SMK encóntrase só na orde Lactobacillales.

Familias Comprenden as familias Aerococcaceae, Carnobacteriaceae, Enterococcaceae, Lactobacillaceae, Leuconostocaceae, e Streptococcaceae.

A familia tipo é a das Lactobacillaceae que ten numerosas especies que forman parte da microbiota da boca, tracto gastrointestinal e vaxina dos animais homeotermos. Estes bacilos están presentes en alimentos lácteos, carne, peixe, cereais, froitas, zumes de froitas, legumes, prebes e pratos cociñados. Utilízanse na produción de alimentos fermentados como o queixo ou iogur e outros. As Aerococcaceae encóntranse no aire, po, vexetación e solo. As Carnobacteriaceae encóntranse na carne envasada ao baleiro, o queixo, peixe ou nos lagos antárticos meromícticos. As Enterococcaceae forman parte da flora intestinal dos mamíferos e aves, e algunhas son patóxenas, como Enterococcus faecalis. As Leuconostocaceae encóntranse nas plantas e en diversos alimentos como o leite e os produtos lácteos fermentados, produtos vexetais fermentados e carne. Moitas Streptococcaceae son comensais ou parasitos de animais, e algunhas moi patóxenas como Streptococcus pneumoniae..

Filoxenia A orde Lactobacillales foi proposta inicialmente en 2005, e foi descrita en 2009 no volume 3 da segunda edición do Manual de bacterioloxía sistemática de Bergey (Ludwig et al.) e validado en marzo de 2010 e inscrito na lista de validación 132. A taxonomía aceptada actualmente desta orde está baseada na LPSN Ver List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Ver NCBI Lactobacillales e a filoxenia foi elaborada segundo as secuencias do ARNr 16S da LTP 106 do 'The All-Species Living Tree' Project Ver 'The All-Species Living Tree' Project .

Lactobacillales parte 2 (continuación)

Notas: ♠ Cepas que se encontran no NCBI pero non están na LPSN.

Xéneros de bacterias do ácido láctico Abiotrophia Aerococcus Carnobacterium Enterococcus Lactobacillus Lactococcus Leuconostoc Oenococcus Pediococcus Streptococcus Tetragenococcus Vagococcus Weissella

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lactiplantibacillus plantarum

Categoría:Lactobacillales