Jacobo Rial Barreiro, nado o 8 de abril de 1976 en Santiago de Compostela, é un árbitro de baloncesto galego.
Traxectoria Licenciado en Educación Física pola Universidade da Coruña, Jacobo Rial comezou como árbitro en 1993, cando se adheriu ao Comité Galego de Árbitros. No ano 2000 comeza a arbitrar a nivel estatal na terceira división (Liga EBA). En 2005 comezou a arbitrar na Liga LEB e ao ano seguinte arbitrou xa oficialmente na categoría. No ano 2009 ascendeu á primeira división do deporte en España, ao arbitrar o seu primeiro partido na Liga ACB.
Notas
Categoría:Árbitros de baloncesto Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Árbitros de Galicia