Yingluck Shinawatra (en tailandés: ยิ่งลักษณ์ ชินวัตร, Yinglak Chinnawat; AFI: [jîŋ.lák tɕʰīn.nā.wát]), alcumada Pu (en tailandés: ปู, cangrexo; AFI: [pūː]), nada en San Kamphaeng, Chiang Mai, o 21 de xuño de 1967, foi a primeira ministra de Tailandia dende o 5 de agosto de 2011 até o 7 de maio de 2014. É a líder do Pheu Thai, brazo político dos denominados Camisas Vermellas e herdeiro dos ilegalizados Thai Rak Thai e Partido do Poder do Pobo. É irmá do derrocado primeiro ministro tailandés Thaksin Shinawatra.

Traxectoria Yingluck Shinawatra é a máis nova dos nove fillos de Lert Shinawatra e de Yindee Ramingwong. Yingluck creceu en Chiang Mai e asistiu ao Istituto Regina Coeli, unha escola de nenas, e logo ao Yupparaj, unha escola mixta. Posteriormente foi directiva da empresa tailandesa SC Asset Co., Ltd, está licenciada en Ciencias Políticas e Administración Pública pola Universidade de Chiang Mai e ten un mestrado en Administración pola Universidade de Kentucky.

Foi nomeada líder do Puea Thai dous meses antes das eleccións xerais de 2011, onde venceu ao até entón primeiro ministro, Somchai Wongsawat, obtendo 265 escanos fronte a 159 do Partido Demócrata, cun discurso político no que apelou ao seu propio irmán Thaksin, exiliado despois do golpe de estado de 2006.Yingluck Shinawatra, el 'clon' de Thaksin con una carrera fulgurante, AFP, vía Yahoo Noticias, 3 de xullo de 2011.Thai opposition appears set for victory. CBC News, 3 de xullo de 2011.Landslide victory for allies of ousted Thai leader in exit polls. Tha Daily Telegraph, 3 de xullo de 2011. Foi condenada por corrupción, e no ano 2017, ano da súa sentenza, non apareceu no xuízo. Foi condenada a 5 anos de prisión. Actualmente, atópase en paradoiro descoñecido. En 2019, o goberno serbio outorgoulle a nacionalidade serbia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Thaksin Shinawatra Golpe de Estado en Tailandia en 2006 Eleccións xerais de Tailandia de 2011

Categoría:Primeiros ministros de Tailandia Categoría:Nados en 1967 Categoría:Alumnos da Universidade de Chiang Mai Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Kentucky Categoría:Nados en Tailandia