Un mucrón, no eido da botánica, é unha punta curta, máis ou menos aguda e ben diferenciada, no extremo dun órgano calquera. Por exemplo a punta das follas dalgunhas plantas e árbores rematan nun mucrón. Os órganos que levan un mucrón no seu extremo denomínanse mucronados. Por exemplo, a lemma de moitas gramíneas é mucronada.
O termo mucrón tamén se emprega no eido da anatomía, para denominar a calquera apéndice máis ou menos aguzado.
Notas
Leccións hipertextuais de botánica. Glosario. Universidade de Hamburgo.
Véxase tamén Outros artigos Espiña (botánica)
Categoría:Morfoloxía vexetal Categoría:Termos botánicos Categoría:Anatomía