Juan Manuel López Barreira, nado en Lantaño (Portas), é un político galego.

Traxectoria Correspondente de Faro de Vigo en Portas.Faro de Vigo, 1-10-1981, p. 22. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do CDS en Portas e foi elixido alcalde como cabeza de lista máis votado, gobernando inicialmente con apoios puntuais dos outros grupos e posteriormente en coalición cos socialistas. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura de Independentes Parroquias Unidas de Portas (PUP) e foi reelixido alcalde co apoio do PSdeG-PSOE, co cal formou un goberno de coalición. Ó ano seguinte, tralo abandono do goberno do candidato tránsfuga do PSdeG, José Antonio Gómez Iglesias, o PPdeG presentou unha moción de censura co apoio deste e o 15 de maio de 1992 foi desbancado da alcaldía. Ó pouco tempo renunciou como concelleiro e afastouse da primeira liña política. No 2015 formou parte, como independente e suplente, da candidatura de unidade de forzas progresistas que concorreu baixo o paraugas do BNG.Santi Carballo presenta su coalición de izquierdas con el BNG de Portas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Portas

Ligazóns externas Xoán Manuel López Barreira, alcalde de Portas entre 1987 e 1992

Categoría:Alcaldes de Portas Categoría:Alcaldes de Galicia polo CDS Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Portas