O parque de Santa Margarida é un lugar de lecer, natureza, saber e cultura da cidade da Coruña. Está situado preto do centro nun outeiro ateigado de árbores e resulta visible dende boa parte da cidade.

O parque de Santa Margarida é un dos parques de maior superficie da cidade con 51 723 m²Parque de Santa Margarida e nel atópanse institucións culturais como o Pazo da Ópera ou a Casa das Ciencias. Ten tamén zonas de xogos para cativos e bancos e mesas para os maiores.

A última fin de semana de agosto ten lugar no parque a romaría de Santa Margarida.

Historia O parque foi un monte que tivo distintos usos co tempo. No alto do monte chegou a haber varios muíños de vento, dos que se conserva un como peza de museo no estanque dos parrulos.

O parque tivo anteriormente o nome de Joaquín Costa.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Categoría:Parques da Coruña