Río Negro é unha provincia arxentina situada no sur do país, ao norte da Patagonia. De acordo coa constitución provincial os nomes Provincia del Río Negro e Provincia de Río Negro son igualmente correctos. Limita ao norte coa provincia de La Pampa, ao leste coa de Buenos Aires, a sur con Chubut e ao oeste coa provincia de Neuquén e (separada pola cordilleira dos Andes) con Chile. Os seus símbolos oficiais son o Himno a Río Negro, o Escudo de Río Negro e a bandeira da provincia de Río Negro. A súa capital é Viedma e a cidade máis poboada San Carlos de Bariloche.

División administrativa miniatura|350px|División departamental da provincia de Río Negro e a súa capital. Territorialmente Río Negro atópase dividida en 13 departamentos, e estes en distritos. A Constitución provincial foi sancionada en 1958 e reformada en 1988.

Adolfo Alsina (Viedma) Avellaneda (Choele Choel) Bariloche (San Carlos de Bariloche) Conesa (General Conesa) El Cuy (El Cuy) General Roca (General Roca) Nueve de Julio (Sierra Colorada) Ñorquincó (Ñorquincó) Pichi Mahuida (Río Colorado) Pilcaniyeu (Pilcaniyeu) San Antonio (San Antonio Oeste) Valcheta (Valcheta) Veinticinco de Mayo (Maquinchao)

Os departamentos inclúen á súa vez áreas de goberno local, denominadas municipios ou comisiones de fomento, segundo o caso. Estas utilizan o sistema de ejidos non lindeiros, polo que existen territorios non organizados nos espazos entre eles.

Véxase tamén Provincias da Arxentina

Ligazóns externas

Sitio do Goberno provincial

Categoría:Provincia de Río Negro