Para o numismático suízo, véxase Hans-Ulrich Geiger.

Johannes (Hans) Wilhelm Geiger, nado en Neustadt, Alemaña, o 30 de setembro de 1882 e finado en Potsdam o 24 de novembro de 1945, foi un físico alemán. Xunto a Walter Müller desenvolveu o contador Geiger.

Traxectoria En 1902, Geiger empezou a estudar física e matemáticas en Erlangen, onde se doutorou en 1906. En 1907 empezou a traballar xunto a Ernest Rutherford na Universidade de Manchester. En 1912 foi nomeado xefe do Instituto de investigación físico-técnica en Berlín. Alí desenvolveu, xunto a un dos seus estudantes graduados, o contador Geiger. Dende 1925 foi profesor da Universidade de Kiel ata o ano 1929, onde o seu primeiro estudante graduado foi precisamente Walter Müller.

Foi tamén membro do Club do Uranio na Alemaña nazi, un grupo de científicos alemáns que, durante a segunda guerra mundial, traballaron sen éxito na creación da bomba atómica alemá.

A súa lealdade ao Partido Nazi levoulle a traizoar a diversos colegas xudeus; algúns destes colegas axudaranlle nas súas investigacións antes de que se fixera membro do partido.

Morreu en Potsdam uns meses despois de que finalizara a guerra.

Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Físicos de Alemaña Categoría:Nados en Hessen Categoría:Inventores de Alemaña