O Centro Neuropsicopedagóxico O Pelouro é un centro educativo situado no lugar dos Baños, na parroquia de Caldelas de Miño, Tui.
Características O centro foi posto en marcha en 1973 por Teresa Ubeira e Juan Llauder. En 1988 foi declarado pola Xunta "centro singular experimental de innovación psicopedagóxica e integración".
É un proxecto de integración que ten sido recoñecido con diversos premios e en numerosas investigacións. O seu obxectivo é, segundo contan os responsables, "propiciar a integración saudable de nenos normais con outros con déficits psicosociocognitivos e trastornos xerais do desenvolvemento"
No ano 2015, foi incorporado á Rede Internacional de Escolas Changemaker (axentes do cambio) de Ashoka, unha asociación internacional sen ánimo de lucro dedicada a fomentar o emprendemento social.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas www.opelouro.org
Categoría:Institucións de ensino de Galicia Categoría:Tui Categoría:Tui sen imaxes Categoría:Experiencias e modalidades educativas Categoría:Escolas