As cabombáceas (Cabombaceae) son unha familia de Anxiospermas primitivas pertencentes á orde Nymphaeales, no que tamén se inclúe a familia Nymphaeaceae. Son un tipo de ninfeas, plantas acuáticas que aparecen nos encoros e augas quedas.

Descrición Herbas acuáticas perennes, rizomatosas, os rizomas magros, cilíndricos, ramificados, enraizantes nos nós. Partes somerxidas con vaíña xelatinosa. Cámaras aéreas conspicuas. Follas alternas ou decusadas, rara vez ternadas, simples, pecioladas, sen estípulas, boiantes (limbo peltado, elíptico largo ou estreito, bordo enteiro, nerviación actinódroma) as somerxidas (limbo 5-7-palmatisecto, cada parte dividida á súa vez dicótoma ou tricotomamente varias veces en segmentos lineares estreitos, ou ben limbo enteiro e non peltado en follas novas). Estomas anomocíticos. Talos cilíndricos. Inflorescencias axilares, unifloras. Planta hermafrodita. Flores bisexuais, protóxinas, emerxentes (rara vez mergulladas), solitarias en longos pedúnculos, actinomorfas, hipóxinas, (2-)3(-4)-meras. Sépalos libres ou basalmente soldados. Pétalos libres ou basalmente soldados, con ou sen 2 nectarios adaxiais basais auriculados. Androceo isómero, diplostémono ou polistémono, estames 3-36(-51), de maduración centrípeta, filamentos filiformes, anteras tetrasporanxiadas, apicais, de dehiscencia latrorsa ou extrorsa, conectivo sen apéndice. Ovario apocárpico, (1-)2-8(-22) carpelos uniloculares libres a lxeiramente soldados na base, claviformes a lixeiramente inchados asimetricamente, estilo curto, estigma linear e decurrente ou terminal e subcapitado, moi papiloso. Óvulos (1-)2-3(-5), anátropos, de placentación laminar a dorsal ou media, crasinucelados. Froito composto (infroitescencia); cada froito indehiscente (a xeito de aquenio) ou dehiscente (a xeito de folículo), con 1-3 sementes. Pericarpo coriáceo. Sementes sen arilo, operculadas, fío e micropilo compartindo a mesma abertura do opérculo, testa de células irregularmente dixitadas, usualmente tuberculadas. Perispermo abundante, endospermo helobial escaso, con haustorios, embrión miúdo, con dous cotiledóns carnosos. Pole elíptico, anasulcado ou monoaperturado, tectado-columelado, con ornamentación supratectal, ou ben anatricotomosulcado. Exina escabrada ou estriada; endexina non laminada, ás veces en placas. Número cromosómico: x=13; n=40, 48, 52; 2n=24, 80, aprox. 96, 104.

Ecoloxía

Medran mergulladas ou boiando en lagos, lagoas ou ríos quedos, en zonas temperadas e tropicais. Antese diúrna, as flores ábrense durante dous días, o primeiro son funcionalmente femininas, o segundo masculinas; polinización anemógama ou entomógama.

Usos

Os talos novos de Brasenia, cubertos de mucilaxe, consómense na China e no Xapón. As plantas deste xénero segregan fitotoxinas, o que permitiría controlar outras plantas nocivas no seu hábitat. As especies de Cabomba úsanse en acuarioloxía coma osixenadoras. Porén, ás veces a excesiva proliferación natural destas plantas provoca perdas económicas por interferencias no uso das táboas de auga para usos recreativos ou agrícolas, ou por pura estética. Carecen de alcaloides, a mucilaxe de Brasenia é rica en ácido glicurónico, galactosa, ramnosa e outros compoñentes peculiares.

Posición sistemática

Malia as diferenzas morfolóxicas e anatómicas existentes entre os dous xéneros incluídos, existen datos de abondo para asegurar que corresponden á mesma familia, e que se distinguen netamente de Nymphaeaceae, aínda que existen algúns puntos de vista opostos, que fan que se integren nun concepto amplo de Nymphaeaceae. O APW (Angiosperm Phylogeny Website) considera que ambos os dous xéneros se deben situar na familia Cabombaceae da orde Nymphaeales, grupo irmán do resto das Angiospermas (agás a orde Amborellales) (cf. AP-website).

Distribución

A familia é cosmopolita, agás na Rexión paleártica occidental. Coñécense fósiles só dende o Terciario.

Táxones xenéricos incluídos Introdución teórica en Taxonomía

Estames 3 ou 6, rara vez 4-5. Partes inmersas con mucilaxe escasa. Follas dimorfas: somerxidas, decusadas ou ternadas e divididas, e ademais (durante a floración) boiantes, alternas, peltadas. Dehiscencia da antera extrorsa. Estigma terminal, capitado. Exina escabrada. Pétalos con 2 nectarios amarelos auriculados no baseamento adaxial. Polinización entomógama. Froito en folículo. Xénero Cabomba Aubl., 1775 Estames 18-36(-51). Partes inmersas con mucilaxe grosa. Follas só boiantes, alternas, enteiras e peltadas. Dehiscencia da antera latrorsa. Estigma linear, decorrente. Exina estriada. Pétalos sen nectarios. Polinización anemógama. Froito en aquenio. Xénero Brasenia'' Schreb., 1789

Notas

Watson, L., e Dallwitz, M.J. 1992 onwards. The families of flowering plants: descriptions, illustrations, identification, and information retrieval. Versión: 29 de xullo de 2006. http://delta-intkey.com Williamson, P.S. & Schneider, E.L. 1993. Cabombaceae. En: Kubitzki, K., Rohwer, J.G. & Bittrich, V. (Editores). The Families and Genera of Vascular Plants. II. Flowering Plants - Dicotyledons. Springer-Verlag. Wood, C. E. Jr. 1959. The genera of the Nymphaeaceae and Ceratophyllaceae in the southeastern United States. J. Arnold Arbor. 40: 94–112.

Véxase tamén Ligazóns externas

Imaxe de Cabomba furcata Flor de Cabomba furcata Imaxe de Brasenia schreberi Mapa

Categoría:Cabombaceae