Marcos Helly Orsi, nado en 1964 en Santo André (São Paulo) é un actor brasileiro residente en Galiza.

Traxectoria Comezou a súa carreira como actor na compañía dramática brasileira Arte Livre. Con ela viaxou a Europa en 1986 fixando a súa residencia en Galiza, onde participou en varias compañías coma Ollomol e no Centro Dramático Galego. Participou en pequenos papeis en series da Televisión de Galicia como Pratos combinados, Mareas vivas ou Galicia Exprés, e fíxose especialmente coñecido polo seu papel de Marcos da Silva na serie de éxito Rías Baixas, traballo que lle valeu un nomeamento aos Premios Mestre Mateo. En 2004 protagonizou xunto a Ana Kiro a serie A miña sogra e mais eu e nos seguintes anos apareceu noutras series da TVG como Matalobos, Serramoura, ou A estiba.

No mundo do cine os seus papeis máis importantes son a súa participación no Agasallo de Silvia e O lapis do carpinteiro.

Filmografía A metade da vida (1994) O rei nu (1995) Pratos combinados (1995; como Luís Delgado) O tesouro (1997) Décimo aniversario (1998) Mareas vivas (1998) El comisario (1999) Era outra vez (1999; como Bruno) Rías Baixas (1999; como Marcos da Silva) O río ten mans (2000) Galicia Exprés (2000; como Paulo) Tanto ten (2000) Hospital Central (2000) Entre bateas (2001; como João) O lapis do carpinteiro (2002) Cota vermella (2003) O agasallo de Silvia (2003; como directivo) A miña sogra e mais eu (2004; como Óscar Ledo) Baseado en feitos que... puideran ter acontecido (2006) S.O.S. (2006) O Nordés (2009; como Wilson Alves) Matalobos (2009; como Zico) A ópera dos tres reás (CDG, 2011) Padre Casares (2013) Os fenómenos (2014; como João) Casa Manola (2014; como Dimas Fernández) Serramoura (2015) A estiba (2019; como Lionel Barbosa) A lei de Santos (2021)

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Produción Resultado2002Mellor actorRías BaixasNomeado

Premios Compostela Premio Compostela 1992 como mellor actor secundario por Un soño de verán. Premio Compostela 1994 como mellor actor protagonista por Commedia, un xoguete para Goldoni.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Soportal do audiovisual galego Ficha en IMDb

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Actores de Galicia Categoría:Nados no estado de São Paulo Categoría:Actores do Brasil